Plantilla do Mecalia Atlético Novás 2012-13
Dende Noticias O Rosal -a risco de quedarnos curtos, pero con toda boa intención- queremos facer un pequeno resumo/estudo de como se atopa o panorama balonmanístico relacionado co Mecalia Atlético Novás e os xogadores rosaleiros que pertencen ou pertenceron ao club da vila.
Para isto tomamos como referencia o activo perfil do Novás en facebook co incombustible Andrés Senra -entre outros- ao seu fronte, traballando incansablemente para que o deporte do balonmán alomenos, tamén teña un mínimo de eco na información deportiva comarcal e rexional.
Outra imaxe do primeiro equipo do Novás
Comezamos pois, lembrando que estamos en pleno período de fichaxes e renovacións, cos clubs mans á obra para "atar ou desatar".
Modesto Augusto continuará como técnico do primeiro equipo do Mecalia Atlético Novás.
O mítico porteiro Esteban Pedrosa Pena confirma a súa retirada do balonmán.
O cancerbeiro de Fornelos, Xavi Díaz, renova unha tempada máis co Villa de Aranda, da Liga ASOBAL (máxima categoría do balonmán).
Os irmáns Tsybanev (Alex e Sergey), volven a O Rosal e xogarán no Mecalia Atlético Novás.
Manu Martínez e Marcos González cambian de aires
O primeira liña rosaleiro Manu Martínez e o asturiano Marcos González, deixan o Novás e fichan polo Academia Octavio.
César Armán. (Foto: Rafa Vázquez // Faro de Vigo)
Outro rosaleiro, o pivote Marcos Dorado, procedente de Lavadores, convértese na primeira fichaxe do Teucro de Pontevedra. Aquí coincidirá con outro rosaleiro, César Armán, que vén de renovar.
Dani Cerqueira en acción (Foto: R. Ocaña III - Luigi - Balonmancangas.com)
O tamén rosaleiro Dani Cerqueira, pivote do Club Balonmán Cangas, da Liga ASOBAL, renova por dúas tempadas máis.
Destacamos dende Noticias O Rosal as convocatorias de novo pola Selección Galega de Balonmán de Xavi Díaz, Dani Cerqueira e Ramón Martínez (o capitán do Novás renunciou a xogar mentres non se recupere totalmente da súa lesión).
Lechu, Mon e Manu. (Foto: Mecalia Atlético Novás)
Igualmente, con Ramón (que, como dicimos, non arriscará), foron convocados Manu Martínez e David Lechuga para xogar a semana que vén coa Selección Galega de Balonmán Praia fronte a un combinado portugués en Tomiño.
Víctor Armán. (Foto: Juan Ramón O Rosal)
E, unha "fichaxe" que estamos seguros que dará que falar, será a volta "en serio" esta tempada do rosaleiro Víctor Armán tras a súa lesión.
(Continuará...)
P.D.: Se hai calquera erro ou para completar información nesta crónica ou noutras, por favor enviádenos un correo a noticiasorosal@hotmail.com
0 comentarios:
Publicar un comentario