TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

7 jun 2013

XII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO. SAN VICENTE DE MARZÁN-CAMPO DO COUTO-MONTE TORROSO



Hoxe, sábado 15 de xuño, celebrarase a XII Andaina O Rosal. Coñece o teu concello 2013. O punto de encontro e partida da ruta será as inmediacións da capela de San Vicente en Marzán, ás 16:00 horas cun percorrido de aproximadamente 10 km.

Alí se poderán admirar en primeiro lugar os dous sepulcros visigóticos antropomorfos, datados nos séculos V-VI.

Marzán é unha das xuradías máis ricas en material arqueolóxico, xa prehistórico, xa histórico e calcúlase que a ermida de San Vicente veu a santificar algún primitivo “santuario pagán”.

Xa nos séculos VI e VII, houbo alí un centro ou templo cristián. A capela xa se atopa mencionada no século XIV. Alí preto produciuse un dos grandes achádegos máis importantes do municipio: un ara romana con inscrición, dedicada á deidade Mercurio.

Os participantes poderán visitar igualmente, a Cruz de Peitoril, o Campo do Couto e a zona da Campá, o Torroso, etc, cunhas impresionantes vistas cara a costa do Rosal e A Guarda, ademais de coñecer os diferentes petróglifos e muíños hidráulicos da zona.

Para apuntarse a esta XII Andaina -a inscrición é gratuíta- e para máis información, poden achegarse ata o Concello do Rosal ou chamar ao seu teléfono: 986 62 50 00.


0 comentarios:

Publicar un comentario