TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

6 jul 2010

Excursión parroquial á Virxe da Franqueira


Reportaxe (texto e fotos): X.M.T.

A Comisión Parroquial de Santa Mariña, coordinada por Carmen Batán, organizou o sábado 3 de xullo unha excursión ao Santuario da Franqueira.
 

Preto de 50 persoas visitaron Ponteareas, A Franqueira, Ribadavia e realizaron un paseo en catamarán polo río Arnoia (Ourense).
 

Na Franqueira oíron misa, cocelebrada polo párroco da monacal parroquia de Santa María da Fonte ou da Franqueira, D. Xavier Alonso Docampo e polo párroco de Santa Mariña do Rosal, D. Julio Ramos Rodríguez. 
 

O párroco do santuario fixo unha semblanza histórica da igrexa así como unha referencia á devoción da Virxe da Franqueira.





Despois da comida nas inmediacións, visitouse Ribadavia. De aquí (río Arnoia) tomouse o barco (catamarán) e se realizou o percorrido establecido, ida e volta, nun total de 25 quilómetros. 

Este trazado como se dixo, comezouse en dito concello arnoiés, chegando a Cortegada, pola beira esquerda do río daquel nome; e pola dereita a Filgueira, concello de Crecente. 

Foi un percorrido novidoso, divertido e enriquecedor tanto pola increíble paisaxe, como polas explicacións do propio condutor do catamarán.  

Unha vez rematado este paseo emprendeuse viaxe de volta a O Rosal.

0 comentarios:

Publicar un comentario