FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

16 sept 2013

II CHURRASCOPEN DE FUTBOLÍN. BAR TROYA. O ROSAL, 21 DE SETEMBRO, 2013




Segundo vén de comunicar a web Homeclaro, o vindeiro 21 de setembro terá lugar no Bar Troya a II edición do Churrascopen O Rosal 2013.

Tras o éxito do pasado ano "volverase a celebrar esta xornada de amizade, gastronomía e actividades lúdicas, onde os participantes poderán disfrutar do tradicional churrasco e de atractivos torneos, como un campionato de futbolín e de tute".

A inscrición será individual (5 € todo incluído), co mesmo sistema cos "Open", é dicir, o compañeiro/a de cada un, coñecerase por sorteo.

Máis información en homeclaro@live.com, no Bar Troya e no teléfono 637 311 007 (Juan Ramón).


13 sept 2013

A XII VOLTA CICLISTA A GALICIA PASA POR O ROSAL COA PRESENZA DE ÁLEX E ASER




Segundo nos comunica Antonio Portela, XII Volta Ciclista a Galicia celébrase dende hoxe, venres 13, ata o domingo 15 de setembro. Constará de tres etapas, con saída dende Vigo e final en A Coruña.


Esta edición conta -entre outros- coa participación dos nosos veciños, Alejandro Lomba Rodríguez (na imaxe) e Aser Estévez Cividanes.

Segundo o horario previsto o pelotón pasará por O Rosal, en concreto por Portecelo sobre as 15:00 horas e un pouquiño máis tarde, por Tabagón.

¡¡Moita sorte, rapaces!!



12 sept 2013

SEVI E TRINTA, FORON OS GAÑADORES DA III OLIMPIADA DE FUTBOLÍN E FIFA 2013 QUE SE CELEBROU NO BAR TROYA (O ROSAL)


Lelo, propietario do Bar Troya, faille entrega dos trofeos aos Campións do Futbolín

Velaquí vos deixamos a reportaxe fotográfica da III Olimpiada de Futbolín, Karaoke e Fifa. O Rosal 2013 que se celebrou no Bar Troya (Marzán) o pasado 27 de xullo.

José Enrique, propietario do Bar-Tapería A Competencia, cos gañadores

Os gañadores finais do Campionato de Futbolín foron Carlos Álvarez Antúnez (Sevi) e Sergio Rodríguez Rodríguez (Trinta), que foron obsequiados, aparte dos trofeos correspondentes, cunha fantástica cea no Bar-Tapería A Competencia, do Rosal.


Pola súa banda, os vencedores no Torneo de Fifa 2013 foron os irmáns Adrián e Abel Maquieira Pereira. O maior dos irmáns repite como gañador nesta modalidade de xogo, pois xa se adxudicara en xaneiro a I Olimpiada de Fifa con David Alfonso Acevedo.


Cunha actuación estelar, Juan Bande fíxose coa vitoria na modalidade de karaoke, tras vencer na final a Ofelia Carrero Baz

Esta foi a clasificación da III Olimpiada e así vai a Xeral:

PARTICIPANTES
III OLIMPIADA DE FUTBOLÍN
KARAOKE E FIFA O ROSAL 2013
BAR TROYA (MARZÁN-O ROSAL)


1.- Diego Álvarez Fernández e Sergio Casal Fernández.
CHELSEA
2.- Luis Martínez Pereira e Daniel Portela Pereira.
MANCHESTER CITY
3.- Sergio Rodríguez Rodríguez e Carlos Álvarez Antúnez.
MANCHESTER UNITED
4.- Adrián Maquieira Pereira e Abel Maquieira Pereira.
BAYERN DE MUNICH
5.- Míchel Martín González e Deivis Vázquez.
F.C. BARCELONA
6.- Carlos Díaz Pereira e Juan Ramón Martínez.
P.S.G.
7.- Gera González Gómez e Ruth María Martínez.
REAL MADRID



FIFA 2013
CHELSEA – MANCHESTER CITY:0-4
MANCHESTER UNITED – BAYERN MUNICH: 1-2
F.C. BARCELONA – P.S.G.: 1-7
BAYERN MUNICH – CHELSEA: 3-1
MANCHESTER CITY- F.C. BARCELONA:2-1
MANCHESTER UNITED - REAL MADRID: 9-0
MANCHESTER CITY – MANCHESTER UNITED:1-2
P.S.G. – CHELSEA: 1-0
CHELSEA – F.C. BARCELONA: O-3
PS.G. – MANCHESTER CITY: 3-1
CHELSEA – MANCHESTER UNITED: 0-0
BAYERN MUNICH – F.C. BARCELONA: 2-1
P.S.G. – MANCHESTER UNITED : 2-2
MANCHESTER CITY – REAL MADRID: 4-0
P.S.G. – BAYERN MUNICH: 1-2
MANCHESTER UNITED – F.C. BARCELONA: 1-1
MANCHESTER CITY – BAYERN MUNICH: 1-2 
MANCHESTER UNITED – CHELSEA: 5-1
MANCHESTER CITY – F.C. BARCELONA: 0-0 (4-5)

SEMIFINAIS FIFA 2013
BAYERN DE MUNICH – F.C. BARCELONA: 3-1
P.S.G. – MANCHESTER UNITED: 2-1

TERCEIRO POSTO
F.C. BARCELONA – MANCHESTER UNITED: 0-0 (4-1)

FINAL
BAYERN DE MUNICH – P.S.G.: 3-2

CAMPIÓN: BAYERN DE MUNICH


CLASIFICACIÓN FIFA 2013
1º: BAYERN DE MUNICH. Adri e Abel: 25 puntos
2º: P.S.G.: Carlos e Juan: 18 puntos
3º: F.C. BARCELONA Míchel e Deivis: 15 puntos
4º: MANCHESTER UNITED Trinta e Sevi: 12 puntos
5º: MANCHESTER CITY: Luis e Dani: 10 puntos
6º: CHELSEA: Diego e Yeya: 8 puntos
7º: REAL MADRID: Gera e Ruth: 6 puntos



FUTBOLÍN
DIEGO E YEYA – LUIS E DANI: 0-2
TRINTA E SEVI – ADRI E ABEL: 2-0
MICHEL E DEIVIS – CARLOS E JUAN:0-2
GERA E RUTH – DIEGO E YEYA: 0-2
LUIS E DANI – CARLOS E JUAN:2-0
TRINTA E SEVI – GERA E RUTH: 2-0
ADRI E ABEL – DIEGO E YEYA: 0-2
MICHEL E DEIVIS – TRINTA E SEVI: 0 -2
LUIS E DANI – ADRI E ABEL: 2-0  
CARLOS – JUAN - GERA E RUTH: 1-2
TRINTA-SEVI – LUIS E DANI :2-0
MÍCHEL-DEIVIS – LUIS E DANI: 0-2
LUIS E DANI – GERA RUTH
MICHEL E DEIVIS – ADRI E ABEL:2-0
GERA RUTH – ADRI-ABEL: 2-0
DIEGO E YEYA – CARLOS E JUAN: 2-0
DIEGO E YEYA – TRINTA E SEVI:2-0
CARLOS E JUAN – TRINTA E SEVI: 1-2
CARLOS E JUAN – ADRI E ABEL: 2-0
MICHEL E DEIVIS – DIEGO E YEYA:0-2
MICHEL E DEIVIS – GERA E RUTH: 2-1

1º: SEVI TRINTA
2º: DIEGO YEYA
3º LUIS DANI
4º CARLOS JUAN
5º MICHEL DEIVIS
6º ABEL ADRI

III OLIMPIADA O ROSAL
FUTBOLÍN

SEVI TRINTA – ABEL ADRI: 2-0 (5-0//5-3)
DIEGO YEYA – MICHEL DEIVIS 2-0 (5-1//5-1)
LUIS –DANI - CARLOS JUAN  2-0 (5-1 //5-3)


SEMIFINAIS
SEVI TRINTA  - CARLOS JUAN: 2-0
DIEGO YEYA - LUIS DANI: 2-0

TERCEIRO POSTO
CARLOS JUAN – LUIS DANI: 0-3

FINAL FUTBOLÍN
SEVI/TRINTA – DIEGO/YEYA: 3-0

CLASIFICACIÓN FUTBOLÍN
1º: Sevi e Trinta: 25 puntos
2º: Diego e Yeya: 18 puntos
3º: Luis e Dani: 15 puntos
4º: Carlos e Juan: 12 puntos
5º: Adri e Abel: 10 puntos
6º: Míchel e Deivis: 8 puntos
7º: Gera e Ruth: 6 puntos



III OLIMPIADA O ROSAL
KARAOKE

CUARTOS DE FINAL
RAQUEL – SEVI
OFELIA – DANI
BANDE – JUAN
NINA- ADRI

SEMIFINAIS KARAOKE
RAQUEL – OFELIA
BANDE – NINA

FINAL KARAOKE
OFELIA – BANDE

CAMPIÓN: JUAN BANDE


CLASIFICACIÓN KARAOKE
1º: Juan Bande: 25 puntos
2º: Ofelia Carrero Baz: 18 puntos
3º: Nina López Vicente: 15 puntos
4º: Raquel Rodríguez Baz: 12 puntos
5º: Juan Ramón Martínez: 10 puntos
6º: Daniel Portela Pereira: 8 puntos
7º: Adri Maquieira Pereira: 6 puntos
8º: Carlos Álvarez Antúnez: 4 puntos
9º: Abel Maqueira Pereira: 2 puntos
10º: Sergio Rodríguez Rodríguez: 1 punto


  
CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL
III OLIMPIADA O ROSAL

1º:Carlos Álvarez Antúnez. 12 + 25 + 4: 41 puntos.
2º: Adrián Maquieira Pereira. 25 + 10 + 6: 41 puntos
3º: Juan Ramón Martínez. 18 + 12 + 10: 40 puntos.
4º: Sergio Rodríguez Rodríguez. 12 + 25 + 1: 38 puntos.
5º: Abel Maquieira Pereira. 25 + 10 + 2: 37 puntos.
6º: Daniel Portela Pereira. 10 + 15 + 8: 33 puntos.
7º: Carlos Díaz Pereira. 18 + 12: 30 puntos.
8º: Diego Álvarez Fernández. 8 + 18: 26 puntos.
 9º: Sergio Casal Fernández. 8 + 18: 26 puntos.
10º: Luis Martínez Pereira. 10 + 15: 25 puntos.
11º:Juan Bande: 25 puntos.
12º: Míchel Martín González. 15 + 8: 23 puntos.
13º: Deivis Vázquez: 15 + 8: 23 puntos.
14º: Ofelia Carrero Baz: 18 puntos
15º: Nina López Vicente: 15 puntos
16º: Raquel Rodríguez Baz: 12 puntos
17º: Gera González Gómez. 6 + 6: 12 puntos.
18º: Ruth María Martínez. 6 + 6: 12 puntos.



RANKING INDIVIDUAL XERAL
OLIMPIADAS O ROSAL 2013

═ 1º: Juan Ramón Martínez: 90 puntos.
═ 2º: Adrián Maquieira Pereira: 88 puntos.
▲3º: Sergio Rodríguez Rodríguez “Trinta”: 83 puntos.
▲4º: Luis Martínez Portela: 79 puntos.
▲5º: Daniel Portela Pereira: 73 puntos.
▲6º: Carlos Díaz Pereira: 68 puntos.
═ 7º: Sergio Casal Fernández “Yeya”: 66 puntos.
▲8º: Carlos Álvarez Antúnez “Sevi”: 60 puntos.
▼9º: Jorge Díaz Rocha “Tuka”: 45 puntos.
▲10º: Deivis Vázquez: 19 + 23: 42 puntos.
▼11º: Raúl González: 40 puntos.
▲12ª: Ruth Martínez: 38 puntos.
▲13º: Abel Maquieira Pereira: 37 puntos.
▲14º: Gera González: 36 puntos.
▼15º: David Alfonso Acevedo “Pini”: 35 puntos.
▼16º: José Ángel Fernández “Kesy”: 34 puntos.
▲17º: Diego Álvarez Fernández. 26 puntos.
▼18ª: María Pérez: 26 puntos.
▲19º: Juan Bande: 25 puntos.
▲20ª: Nina López: 25 puntos.
▼21º: Jorge Silva Álvarez “Yors”: 24 puntos.
▼22º: Santi Castro: 24 puntos.
▲23º: Míchel Martín González: 23 puntos.
▼24ª: Rebeca Rodríguez: 22 puntos.
▲25ª: Ofelia Carrero Baz: 18 puntos
▼26º: Pedro Fernández “Peter”: 15 puntos.
▼27ª: Tania Rodríguez: 14 puntos.
▼28º: Marcos Diego: 14 puntos.
▼29º: Braian Fernández: 14 puntos.
▼30º: Mario Treinta: 13 puntos.
▼31º: Marcos López: 12 puntos.
▼32º: Carlos Diego: 12 puntos.
▲33ª: Raquel Rodríguez Baz: 12 puntos
▼34º: José Alonso Álvarez: 10 puntos.
▼35º: Pedro Vicente Sousa: 9 puntos.
▼36º: Andrés Martínez Rocha “Pipu”: 9 puntos.
▼37º: Gustavo Jurado: 8 puntos.
▼38ª: Olalla Álvarez: 7 puntos.
▼39º: Rubén Díaz Rocha: 7 puntos.

▲ Sube posicións
▼ Baixa posicións
 ═ Mantén a posición



III CAMPUS ATLÉTICO NOVÁS 2013


O vindeiro 28 de setembro o pavillón municipal do Rosal acollerá o III Campus Atlético Novás 2013, organizado pola base do club e que nesta edición será totalmente gratuíto, con comida e merenda de balde.

Máis información, no teléfono 627 790 435 (Aurora) ou no correo electrónico baseatlnovas@hotmail.com

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA I RUTA GUIADA NOTICIAS O ROSAL 2013




O pasado sábado 27 de xullo a web cultural Noticias O Rosal organizou unha RUTA GUIADA POLOS 67 MUÍÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN, con motivo da conmemoración do seu V Aniversario en Internet. 



Interviron e guiaron esta ruta: 

XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE, historiador, arqueólogo, escritor e investigador. Presidente do Instituto de Estudios Tudenses. Coautor do libro Os Muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico etnográfico de Galicia. Máis info: 

RAFAEL DORADO RODRÍGUEZ, mestre carpinteiro e formador ocupacional. Na actualidade imparte no Rosal un curso de carpintería dependente da Consellería de Traballo. Técnico-artesán na restauración de muíños hidráulicos. 

JUAN RAMÓN MARTÍNEZ BARBOSA, escritor e guía cultural. Director de Noticias O Rosal e Homeclaro.com. Coautor do libro Os Muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico etnográfico de Galicia. Máis info: 

11 sept 2013

O ROSAL ACOLLE UNHA CONCENTRACIÓN DE AUTOMÓBILES ANTIGOS


José Martínez González (Pepe Berdeal), presidente de ACOR
Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal
A Asociación de Comerciantes do Rosal, xunto co Club Galego de Automóviles Antigos, celebra unha concentración o día 21 de setembro na Praza do Calvario. 


Chegará a Torroña (Oia) sobre as 11.00 h., Burgueira, Loureza e Fornelos, visitando a Bodega Lagar de Fornelos. A continuación seguirán ata a Praza do Calvario onde estarán de 14.00 a 17.00 h. 
Ás 17.00 h., partirán cara o Monte Trega. Colaboran os Concellos do Rosal e da Guarda.

Velaquí vos deixamos unha pequena reportaxe fotográfica que realizamos na edición de 2010.

A ASOCIACIÓN DE PERSOAS MAIORES DO ROSAL CELEBRA O DÍA DO SOCIO



Segundo nos comunican dende a OMIX, a Asociación de Persoas Maiores do Rosal celebra o vindeiro día 15 de setembro o Día do Socio nas instalacións do Concello cunha comida típica: polbo, carne ó caldeiro, empanadas, etc. Finalizada a comida haberá unha actuación musical para amenizar a tarde. 
A Asociación conta con máis dun cento de socios que participan activamente en diferentes actividades: cursos de informática, ximnasia funcional, excursións, xogos de cartas, bingo social, xornadas gastronómicas, etc.
Se estás interesado en facerte socio pasa polo Centro Social Polivalente e alí te informarán.

CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS


A Asociación de Comerciantes do Rosal -que preside José Martínez González (Pepe Berdeal)- organiza un Curso de Manipulador de Alimentos o día 18 de setembro no Centro Social Polivalente de 10.30 a 13.30 h. Os interesados poden chamar ao teléfono 628 875 029.

PRESENTACIÓN DOS EQUIPOS DA U.D. RIBERA PARA A TEMPADA 2013/2014



Este domingo se presentou a U. D. Ribera cun total de 11 equipos. Dez competirán en ligas federadas.

Máis de douscentos xogadores participaron no evento.         

O pasado domingo día 8 de setembro, no Estadio municipal de A Mata en O Rosal, tivo lugar a presentación de todos os equipos da Unión Deportiva Ribera para a tempada 2013/2014.


O club, presidido por Estela Pereira, ten en total once equipos, dos que dez son federados. Coma novidade, esta temporada haberá equipo Alevín B, Benxamín B e Prebenxamín, que competirán en ligas federadas, atendendo ao gran número de nenos cos que se conta nas categorías inferiores.


Este ano vólvese a contar cun gran cadro técnico de monitores e adestradores, algúns con moita experiencia, licenciados en Educación Física, ex-xogadores, etc.

Os equipos federados son: Prebenxamíns, Benxamíns A e B, Alevíns A e B, Infantís, Cadetes, Xuvenís, Feminino e Senior. Tamén hai equipo de Minis ou iniciación.


Dende a nova xunta directiva animan a seguir anotándose nas escolas deportivas do Ribera a todos os nenos e nenas que o desexen.


No acto do domingo estiveron presentes, ademais da xunta directiva,  patrocinadores, o concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz e o alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela.


1 ago 2013

A I XUNTANZA MECALIA ATLÉTICO NOVÁS, OS DÍAS 9 E 10 DE AGOSTO, NO ROSAL




Esta fin de semana (9 e 10 de agosto) celébrase no Rosal a I Xuntanza Mecalia Atlético Novás, organizada polo club de balonmán da vila.

Velaquí vos deixamos o texto íntegro publicado no perfil de facebook do Novas:



I XUNTANZA MECALIA ATLÉTICO NOVÁS.

O fin de semana do 9 e o 10 de agosto realizaremos unhas actividades diferentes.

Comezando polo venres nove, no que no pavillón Municipal de O Rosal poderemos ver ao equipo que, adestrado por Manolo Armán, conseguiu a que ata agora e a maior fazaña do club, o ascenso a División de Honra B, fai xa máis dunha década. Un equipo composto por xogadores que aínda agora forman parte do plantel (Jacobo, Ramón, Jorge), ademais dos Capeche, Jimmy, Lvov, Niko, Fran, Parente ... e que seguro que non será un partido doado para o conxunto que adestra Modesto Augusto.

O sábado 10 cambiaremos de lugar, xogarase na mítica pista de Novás.

Arrancaremos ás sete da tarde con partidos entre as categorías base do clube, e a partir das 20:30 volveremos a ver, entre outros, a Manolo Armán, Roge, Mouriño, ... contra un combinado de vellas glorias dos veciños do Atlético Guardés. Sen dúbida será moi especial volver a ver a todos estes xogadores nunha das pistas históricas do balonmán e ademais arbitrados por uns colexiados moi especiais, dos que en breves desvelaremos os nomes.

Ao remate, gran churrascada a un precio popular. A ración de churrasco, criollo, pan e unha bebida (refresco ou viño), por 5 €.

Ademáis estará amenizado por unha charanga, teremos sorteos, ...

Por todo isto, ¡Non podes faltar!

Para a semana sairán a venda os tickets para que non falles a esta cita co clube, nos establecimentos colaboradores, así como xogadores de todas as categorías e directivos que tamén disporán delas.

¡¡COLABORA!!

A WEB CULTURAL NOTICIAS O ROSAL, DE VACACIÓNS DURANTE UNHA TEMPADA




Dende Noticias O Rosal comunicámosvos que, a partir de hoxe, DÍA 1 DE AGOSTO, por distintos compromisos laborais e tamén de lecer do noso equipo, colleremos unhas pequenas VACACIÓNS, en verdade, un desexado e xusto descanso.

Iso si, durante a tarde deixarémosvos algunhas reportaxes e notas de prensa que nos teñen remitido, prometendo volver nun futuro próximo con moita máis forza e ilusión.

Por suposto, para calquera mensaxe: 
noticiasorosal@hotmail.com // 637 311 007

¡¡Graciñas por seguirnos!! ¡¡Pasádeo ben!! ¡¡Saúdos para todos e todas!!

Juan Ramón Martínez Barbosa
Director de Noticias O Rosal