TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

1 ago 2013

A I XUNTANZA MECALIA ATLÉTICO NOVÁS, OS DÍAS 9 E 10 DE AGOSTO, NO ROSAL




Esta fin de semana (9 e 10 de agosto) celébrase no Rosal a I Xuntanza Mecalia Atlético Novás, organizada polo club de balonmán da vila.

Velaquí vos deixamos o texto íntegro publicado no perfil de facebook do Novas:



I XUNTANZA MECALIA ATLÉTICO NOVÁS.

O fin de semana do 9 e o 10 de agosto realizaremos unhas actividades diferentes.

Comezando polo venres nove, no que no pavillón Municipal de O Rosal poderemos ver ao equipo que, adestrado por Manolo Armán, conseguiu a que ata agora e a maior fazaña do club, o ascenso a División de Honra B, fai xa máis dunha década. Un equipo composto por xogadores que aínda agora forman parte do plantel (Jacobo, Ramón, Jorge), ademais dos Capeche, Jimmy, Lvov, Niko, Fran, Parente ... e que seguro que non será un partido doado para o conxunto que adestra Modesto Augusto.

O sábado 10 cambiaremos de lugar, xogarase na mítica pista de Novás.

Arrancaremos ás sete da tarde con partidos entre as categorías base do clube, e a partir das 20:30 volveremos a ver, entre outros, a Manolo Armán, Roge, Mouriño, ... contra un combinado de vellas glorias dos veciños do Atlético Guardés. Sen dúbida será moi especial volver a ver a todos estes xogadores nunha das pistas históricas do balonmán e ademais arbitrados por uns colexiados moi especiais, dos que en breves desvelaremos os nomes.

Ao remate, gran churrascada a un precio popular. A ración de churrasco, criollo, pan e unha bebida (refresco ou viño), por 5 €.

Ademáis estará amenizado por unha charanga, teremos sorteos, ...

Por todo isto, ¡Non podes faltar!

Para a semana sairán a venda os tickets para que non falles a esta cita co clube, nos establecimentos colaboradores, así como xogadores de todas as categorías e directivos que tamén disporán delas.

¡¡COLABORA!!

0 comentarios:

Publicar un comentario