TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

11 sept 2013

PRESENTACIÓN DOS EQUIPOS DA U.D. RIBERA PARA A TEMPADA 2013/2014



Este domingo se presentou a U. D. Ribera cun total de 11 equipos. Dez competirán en ligas federadas.

Máis de douscentos xogadores participaron no evento.         

O pasado domingo día 8 de setembro, no Estadio municipal de A Mata en O Rosal, tivo lugar a presentación de todos os equipos da Unión Deportiva Ribera para a tempada 2013/2014.


O club, presidido por Estela Pereira, ten en total once equipos, dos que dez son federados. Coma novidade, esta temporada haberá equipo Alevín B, Benxamín B e Prebenxamín, que competirán en ligas federadas, atendendo ao gran número de nenos cos que se conta nas categorías inferiores.


Este ano vólvese a contar cun gran cadro técnico de monitores e adestradores, algúns con moita experiencia, licenciados en Educación Física, ex-xogadores, etc.

Os equipos federados son: Prebenxamíns, Benxamíns A e B, Alevíns A e B, Infantís, Cadetes, Xuvenís, Feminino e Senior. Tamén hai equipo de Minis ou iniciación.


Dende a nova xunta directiva animan a seguir anotándose nas escolas deportivas do Ribera a todos os nenos e nenas que o desexen.


No acto do domingo estiveron presentes, ademais da xunta directiva,  patrocinadores, o concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz e o alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela.


0 comentarios:

Publicar un comentario