Segundo nos comunica Antonio Portela, a XII Volta Ciclista a Galicia celébrase dende hoxe, venres 13, ata o domingo 15 de setembro. Constará de tres etapas, con saída dende Vigo e final en A Coruña.
Esta edición conta -entre outros- coa participación dos nosos veciños, Alejandro Lomba Rodríguez (na imaxe) e Aser Estévez Cividanes.
Segundo o horario previsto o pelotón pasará por O Rosal, en concreto por Portecelo sobre as 15:00 horas e un pouquiño máis tarde, por Tabagón.
¡¡Moita sorte, rapaces!!
0 comentarios:
Publicar un comentario