TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

11 sept 2013

A ASOCIACIÓN DE PERSOAS MAIORES DO ROSAL CELEBRA O DÍA DO SOCIO



Segundo nos comunican dende a OMIX, a Asociación de Persoas Maiores do Rosal celebra o vindeiro día 15 de setembro o Día do Socio nas instalacións do Concello cunha comida típica: polbo, carne ó caldeiro, empanadas, etc. Finalizada a comida haberá unha actuación musical para amenizar a tarde. 
A Asociación conta con máis dun cento de socios que participan activamente en diferentes actividades: cursos de informática, ximnasia funcional, excursións, xogos de cartas, bingo social, xornadas gastronómicas, etc.
Se estás interesado en facerte socio pasa polo Centro Social Polivalente e alí te informarán.

0 comentarios:

Publicar un comentario