O pasado sábado 27 de xullo a web cultural Noticias O Rosal organizou unha RUTA GUIADA POLOS 67 MUÍÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN, con motivo da conmemoración do seu V Aniversario en Internet.
Interviron e guiaron esta ruta:
XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE, historiador, arqueólogo, escritor e investigador. Presidente do Instituto de Estudios Tudenses. Coautor do libro Os Muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico etnográfico de Galicia. Máis info:
RAFAEL DORADO RODRÍGUEZ, mestre carpinteiro e formador ocupacional. Na actualidade imparte no Rosal un curso de carpintería dependente da Consellería de Traballo. Técnico-artesán na restauración de muíños hidráulicos.
JUAN RAMÓN MARTÍNEZ BARBOSA, escritor e guía cultural. Director de Noticias O Rosal e Homeclaro.com. Coautor do libro Os Muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico etnográfico de Galicia. Máis info:
0 comentarios:
Publicar un comentario