TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

26 mar 2012

O Concello habilitará un despacho para buscar unha solución ao tema das "participacións preferentes"


O Concello do Rosal informa que ante a preocupante situación creada pola comercialización de participacións preferentes na vila, e co obxecto de buscar unha solución, o Instituto Galego de Consumo da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia vai analizar as situacións concretas producidas por dita comercialización.

Por tal motivo, a partir do mércores 28 de marzo, o Concello habilitará un despacho no que un funcionario do citado instituto e persoal municipal atenderá aos afectados para analiza-la documentación e a forma de comercialización das citadas participacións.

O horario de atención aos afectados será de 9:00 a 14:00 horas, atendéndose a un máximo de 15 persoas ao día.

Para ser atendido debe solicitar cita previa persoalmente nas Oficinas Xerais do Concello do Rosal ou a través do teléfono 986 62 50 00, levando toda a documentación da que se dispoña.

0 comentarios:

Publicar un comentario