Montserrat Domínguez Otero / A. Musical do Rosal
Este vindeiro domingo 18 de marzo, ás 18,00 h., no Auditorio do Rosal, convidámosvos ao concerto que ofrecerá a banda Agrupación Musical do Rosal, acompañada por un dos trompetistas máis importantes a nivel internacional, Rubén Simeó. Está considerado como un dos instrumentistas con maior proxección e así o avalan os moitos e importantes premios acadados e as xiras que realiza por todo o mundo.
Baixo a batuta de Diego Javier Lorente López ofrecerán, entre outras, as obras para trompeta e banda "El vuelo del moscardón" de Korsakov, "Carnaval de Venecia" de Arbán, "Fantasía para trompeta y banda" de José Vicente Simeó, e tamén interpretarán por primeira vez as seguintes obras para banda: "Fandango Fantasy de Hans van der Heide" e "Arabesque de Samuel R. Hazo".
Esperamos contar coa vosa asistencia a este acto, que agardamos sexa do agrado de todos, e onde Rubén Simeó realizará a presentación no Rosal dos seus dous últimos CD´s.
0 comentarios:
Publicar un comentario