A rosaleira María Rodríguez Rodríguez, foi homenaxeada e felicitada polo Concello do Rosal e a súa Corporación Municipal o luns 5 de marzo con motivo do 100 aniversario do seu nacemento (5-3-1912).
Ata a casa de María, en Pancenteo, se achegaron o alcalde da vila, Jesús María Fernández Portela e a tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais e Muller, Mª Carmen Alonso Alonso.
Alí, nun ambiente de festa -precedido dunha salva de bombas na honra de María Rodríguez- os agardaban Maruja (filla de María) e Moncho (xenro), Carmen (afillada) e Cris (neta).
A nosa veciña centenaria, nun sinxelo pero emotivo acto, foi obsequiada en nome de todos os rosaleiros/as cunha placa conmemorativa, un ramo de flores e unha tarta.
¡¡Dende Noticias O Rosal, parabéns María polos seus 100 anos!!
0 comentarios:
Publicar un comentario