Segundo nos informan dende o Concello, este mes de xuño dúas rosaleiras centenarias están de aniversario. Trátase de Aurora Rodríguez Rodríguez, de Pancenteo e de Justa González González de San Xoán de Tabagón, que cumpren 102 anos.
Precisamente, o pasado venres 18 de xuño estivemos na visita que a concelleira de Servizos Sociais e Muller, Mª Carmen Alonso, realizou a Justa. Alí, en nome de todos os veciños rosaleiros fíxoselle unha pequena homenaxe a esta tabagonesa que tivo cinco fillos, trece netos e oito biznetos. Dous dos seus fillos presentes, Antonio e Magdalena, afirman que "está moi ben... non toma case medicamentos e aínda lee, e sen gafas..."
Justa confesounos que é moi relixiosa, sinalando que aparte de pedirlle á Virxe da Saúde "rezo o rosario tres veces ao día, dúas antes de levantarme. Deus é o que manda e doulle grazas por todo".
Esta centenaria, cunha memoria privilexiada, sen embargo bota de menos "un pouco de leria, gustaríame que viñera alguén a falar comigo" e recoñece que "miro a TV pero non me gusta moito porque non escoito moi ben" recalcando novamente "o que quero é falar e que me falen".
Justa quere aproveitar esta oportunidade que ofrece "Internet" para saudar -entre outros- aos seus netos e biznetos que se atopan vivindo en Madrid e Barcelona.
Dende Noticias O Rosal ¡moitas felicidades Justa!
0 comentarios:
Publicar un comentario