Este domingo 27 de xuño apareceron imaxes do Rosal no programa Desde Galicia para o Mundo da TVG. O espazo, de carácter monográfico, combina entrevistas, música e reportaxes para retratar a paisaxe, a gastronomía, a xente, as festi-vidades e tanto o presente como a historia de Galicia.
Veterano e prestixioso, comezou na súa versión en castelán "Desde Galicia para el mundo" no ano 1993 e incorporouse posteriormente á grella das canles internacionais da TVG. En 1997 empeza a emitirse para América e en febreiro de 1998 para Europa.
Púidose ver un pequeno percorrido polos espazos naturais do río Tamuxe, unha breve parada nos sepulcros antropomorfos de Marzán, As Pesqueiras, o muíño das Aceñas ou o Sendeiro de Pescadores, ruta homologada pola Federación Galega de Montañismo.
Velaquí vos deixamos o vídeo no seu formato en castelán.
Velaquí vos deixamos o vídeo no seu formato en castelán.
0 comentarios:
Publicar un comentario