O pasado domingo 23 de maio celebrouse unha nova edición da Festa da Bicicleta, organizada pola Deputación de Pontevedra, coa colaboración -entre outros- do Concello, do Club Ciclista O Rosal e da Asociación de Comerciantes da vila (ACOR).
O concelleiro de Deportes, Ángel Martínez Villa e o edil de Xuventude, Pablo Flores Díaz, foron os encargados -xunto co presidente do Club Ciclista, Gerardo Álvarez Martínez- de entregar os diferentes premios aos participantes (cascos, bidóns de auga, viseras e dúas bicis), previo sorteo efectuado en fronte do Concello, en plena Praza do Calvario.
Como cada ano, centos de amantes da bicicleta foron agasallados coa tradicional camiseta de recordo e percorreron as rúas rosaleiras para disfrutar dunha xornada de lecer na compaña de familiares e amigos.
Velaquí vos deixamos as imaxes en carreira cortesía de Ricardo Villa Sobrino así como a nosa reportaxe fotográfica do sorteo dos premios.
0 comentarios:
Publicar un comentario