TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

17 may 2010

Reportaxe fotográfica da VII Feira do Libro do Rosal

O pasado domingo 18 de abril tivo lugar no Salón de Exposicións municipal a VII Feira do Libro do Rosal. Este evento estivo organizado pola concellaría de Cultura e contou coa participación de varias librerías do Baixo Miño e Val Miñor.

Así mesmo, tal e como estaba programado houbo un obradoiro de "sombras chinescas" a cargo de Olga Abad Prieto e tamén un pequeno concurso de debuxo de marcapáxinas co obsequio dun lote de libros, que gañaron Sandra Lomba Dorado (6 anos), Alba Rodríguez Videira (10 anos) e Genma González Vicente (14 anos). Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica.

0 comentarios:

Publicar un comentario