O sábado 15 de maio preto de cincuenta peregrinos realizaron a segunda etapa do Camiño Portugués da Costa organizada polo Concello do Rosal. Esta vez a saída foi dende Baiona e a meta final, Chapela (Redondela).
Nesta ocasión e dada a dificultade de orientación nalgúns tramos contouse coa colaboración da viguesa Asociación de Veciños O Freixo para guiar aos camiñantes e realizar -a bo seguro- a etapa máis dura desta peregrinación a Santiago de Compostela.
Precisamente na súa sede tivo lugar a comida, onde os participantes aparte dos seus bocadillos, foron recompensados pola Asociación cun bo e reparador prato de lentellas.
En definitiva, despois de moitos, moitos quilómetros e pasar polo concello baionés, por Nigrán e Vigo chegouse a Chapela, onde xa os valentes e sufridos peregrinos puideron descansar, agardando o autobús que os traería de volta a O Rosal.
Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica desta segunda etapa.
0 comentarios:
Publicar un comentario