TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

17 may 2010

Presentouse no Rosal o Camiño Portugués da Costa

O xoves 22 de abril presentouse no Centro Social Polivalente a peregrinación por etapas do recentemente recoñecido Camiño Portugués da Costa que organiza o Concello dende o 8 de maio ata o 12 de xuño.

Abriu o acto o alcalde, Jesús María Fernández Portela, quen deu a benvida e agradeceu a presenza dos asistentes para de seguido dar paso ao representante do departamento de Cultura e Turismo, Juan Ramón Martínez Barbosa, que a grandes rasgos fixo unha descrición dos itinerarios e ía comentando as fotografías que se proxectaban na pantalla.

A concelleira Mª Carmen Alonso Alonso -experta peregrina- tamén interviu para dar uns prácticos consellos e solventar as dúbidas existentes entre os futuros participantes. Para ver máis fotos deste acto, facede clic aquí.

0 comentarios:

Publicar un comentario