TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

14 oct 2009

Obradoiro de Supervivencia dirixido a mozos/as

O Concello do Rosal organiza en colaboración co Servizo Galego de Igualdade estes dous obradoiros gratuítos:
Obradoiro de supervivencia dirixido a mozos e mozas de 16 a 30 anos principalmente, que ten como obxectivos: adquirir coñecementos básicos de tarefas no fogar, impulsar unha cooperación máis equilibrada no ámbito doméstico e familiar, incentivar a corresponsabilidade de tarefas na xente nova, etc.
Datas : 19 e 20 de outubro de 16.00 a 19.00 horas.
Lugar: Antiga Escola Simón del Mazo.

Obradoiro de hábitos de vida saudable dirixido a mulleres que ten como obxectivos: previr sobre posibles patoloxías e trastornos alimentarios, coñecer os efectos nocivos do tabaco e as súas patoloxías, ofrecer orientacións sobre a prevención do consumo do tabaco, coñecer a utilidade do exercicio físico diario para mellorar a calidade de vida, orientar sobre hábitos alimenticios saudables, etc.
Data: 9 de novembro dende as 16.00 ás 20.00 horas.
Lugar: Centro Social Polivalente.

As persoas interesadas nalgún destes obradoiros poden anotarse no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural e na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello do Rosal. Máis información no teléfono 986 609450.

0 comentarios:

Publicar un comentario