TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

10 jun 2008

Concerto de Milladoiro no Auditorio

O venres 20 de xuño no Auditorio Municipal do Rosal e ás 22 horas, celebrarase un concerto a cargo do coñecido grupo galego de música folk Milladoiro.
Milladoiro naceu a finais da década de 1970 da unión da formación tradicional Faíscas do Xiabre cos músicos Antón Seoane e Rodrigo Romaní. Formouse ao redor dunha cultura ancestral e da canción celta, recuperando a tradición e o son de instrumentos como a gaita, o clarinete, a ocarina ou o bouzoki. O seu primeiro concerto foi o 15 de maio de 1979 no Colexio Salesianos da Coruña. A súa versatilidade, demostrada non só nos seus traballos como grupo, senón noutras producións e colaboracións, serviulles para gañar un Premio Goya en 1986 pola banda sonora orixinal da película La mitad del cielo, de Manuel Gutiérrez Aragón, así como diversos premios e recoñecementos oficiais da Xunta de Galicia (Premio Castelao, 2004) e doutras organizacións. Sen dúbida Milladoiro é un dos principais embaixadores da cultura galega por todo o mundo, ademais de participar no campo da fusión e investigación de novas formas artísticas. (Máis información en http://www.milladoiro.com/)

0 comentarios:

Publicar un comentario