A Asociación Cultural "Terras do Baixo Miño" comunicou o inicio do curso 2009-2010 e presentáronse as distintas aulas en todos os concellos. Dende a Escola consideran un éxito manter o mesmo número de alumnos que o anterior curso e que estean representados todos os concellos da Comarca. Durante o mes de outubro se permitirán novas incorporacións nos grupos nos que quede algunha vacante. A Escola Comarcal Baixomi-
ñota é unha iniciativa necesaria que cubre parte das inquedan-
zas dos veciños dos cinco concellos e lles permite asistir a clase de teatro de calidade sen ter que desplazarse a outros municipios. Este ano continuarán os obradoiros de teatro para nenos con deseño de vestiario, caracterización, títeres, cabezudos, etc... así como monográficos para aficionados ao teatro en xeral. Tanto a xunta directiva da asociación como a dirección da escola, están moi contentos porque a xente valorou a iniciativa moi positivamente e con este segundo curso vai por bo camiño para consolidarse. Dende a Escola Comarcal están xa a traballar na organización de eventos culturais relacionados co teatro para a Comarca, para os que queren contar coa colaboración dos concellos e asociacións culturais en xeral, prometendo varias sorpresas para este curso que comeza.
0 comentarios:
Publicar un comentario