TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

7 oct 2009

Festas da Pilarica e XXII Festa do Cabaqueiro

O sábado 10 de outubro comezan as Festas da Pilarica e a XXII Festa do Cabaqueiro. As previsións da organización din que serán sen dúbida unhas das máis animadas dos últimos tempos, prolongándose ata o luns 12 e con multi-
tude de actividades para pequenos, mozos e maiores. O programa para este sábado iníciase ás 16 horas co obradoiro para nenos/as de facer tellas. Sobre as 17 horas dará comezo o I Campio-
nato de Futbolín "Os Cabaqueiros" organi-
zado polo Concello, coa colaboración da Fundación O Rosal e Caixanova. A partir das 21 horas, e tamén na Praza do Calvario celebrarase o II Festival Folk do Rosal -coordinado pola Agrupación Musical da vila- actuando os seguintes grupos: Lareira (A Guarda), A Subela (Noia), Os Irmandiños (Vincios) e o Rancho Folclórico de Gondarém (Portugal). Haberá cantina e moitas sorpresas...

0 comentarios:

Publicar un comentario