Segundo informa Neli Rodríguez, coordinadora da Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño, o xoves 22 de outubro terá lugar no Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra a VII Edición das Xornadas sobre Convivencia Escolar que se veñen celebrando dende hai sete anos, e que este ano levará por título: "Coeducación: ferramenta básica para a prevención da violencia". Estas xornadas enmárcanse dentro das actuacións do Programa Sen Violencia-Convivencia que Cruz Vermella Pontevedra e a Deputación Provincial desenvolven en convenio dende o ano 2003. Máis información na rúa Agustín Nandín Lomba, na Guarda, ou nos teléfonos: 986 614 609 / 606 348 471.
0 comentarios:
Publicar un comentario