Terceiro proxecto do equipo Xacobeo Galicia (Foto: D.M.)
O xoves 22 de xaneiro tivo lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela a presentación do terceiro proxecto para o ciclismo internacional do equipo profesional Xacobeo Galicia que dirixe Álvaro Pino e no que milita o rosaleiro Serafín Martínez Acevedo. O acto estivo presidido pola conse-
lleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo e presentado por Terio Carrera, xefe de deportes da Radio Galega. Na presentación tamén estiveron -entre outros- Marta Souto, Directora Xeral para o Deporte, o presidente da Federación Galega, Sabino Cortizo, así como varios rosaleiros que quixeron apoiar ao seu veciño e amigo Serafín. Houbo proxección de vídeos e a actuación do humorista Pepo Suevos, para despois ir presentando un por un aos corredores do equipo, que son: Ezequiel Mosquera, David García, Gustavo C. Veloso, David Herrero, Carlos Castaño, Iván Raña, Gustavo Domínguez, Serafín Martínez Acevedo, Gonzalo Rabuñal, Juan F. Mourón, Eduard Vorganov, Iban Mayoz, Alejandro Paleo, Alberto Fernández, Pedro Fernández, Marcos García e Héctor Espasandín. Aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica deste acto realizada por Diego Martínez para Noticiasorosal: http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/SerafinPresentouseCoXacobeoGalicia#
0 comentarios:
Publicar un comentario