Segundo nos informan dende a Oficina de Emprego e Desenvolvemento Local, O Rosal xunto con Baiona ou A Guarda na provincia de Pontevedra, serán algunhas das vilas nas que se adoptarán medidas para paliar os estragos do temporal. O Diario Oficial de Galicia publicou o venres 30 de xaneiro, o Decreto 13/2009, do 29 de xaneiro, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro. A publicación no DOG prodúcese ao día seguinte de que o Consello da Xunta aprobara esta norma.
Este decreto abarca os seguintes ámbitos:
·Axudas por danos persoais.
·Axudas por danos causados en vivendas e instalacións complementarias.
·Axudas por danos e perdas nas explotacións agrícolas, gandeiras e forestais.
·Axudas por danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís.
·Axudas ás entidades locais.
En canto ao prazo de presentación de solicitudes, a norma establece que as axudas poderán outorgarse en réxime de concesión directa por mor do interese público, social, económico e humanitario derivado das excepcionais circunstancias que concorren, e concederanse nos termos e condicións que se establezan nas súas correspondentes bases reguladoras.
0 comentarios:
Publicar un comentario