TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

17 ene 2009

Novo curso de Cruz Roja Baixo Miño

Dende a Asamblea de Cruz Roja Baixo Miño informan que o próximo 14 de febreiro comezará o curso de "Nutrición y Psicomotricidad pasiva en la Tercera Edad". Este curso ten unha duración de 50 horas e prolongarase os días 14, 21 e 28 de febreiro e o 7, 14 e 21 de marzo. O horario de impartición será de 9'30 a 14 h. e de 16 a 20 horas. O curso está enmarcado dentro das accións formativas de interese socio-sanitario de Cruz Roja e está dirixido a persoas maiores de 16 anos que estean interesadas en coñecer os aspectos relativos a unha correcta nutrición das persoas maiores, elaboración de menús, as súas necesidades alimenticias, así como aspectos relacionados coa psicomotricidade dos maiores. Os obxectivos principais desta acción formativa son entre outros, dotar aos alumnos de coñecementos que favorezan o coidado óptimo de persoas maiores; mellorar a calidade de vida das persoas dependentes, a través dunha nutrición adecuada e exercicio físico apropiado; potenciar a integración da persoa maior no seu medio habitual mellorando na medida do posible a súa autonomía. Na estructura do curso inclúense os seguintes módulos: "MÓDULO 1: Conceptos básicos sobre las personas mayores y el proceso del envejecimiento. MÓDULO 2: Aspectos fisiológicos en la tercera edad. MÓDULO 3: Nutrición. MÓDULO 4: Gimnasia en la tercera edad".
O custo do curso é de 130 €. Todas as persoas interesadas en obter máis información sobre o amplo temario que se traballará ou en realizar a preinscrición poden dirixirse a: Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño R / Agustín Nandín Lomba, nº 1 Baixo. (Ao lado da igrexa parroquial) Tlfnos: 986 61 46 09// 606 34 84 71 laguardia@cruzroja.es Horario de atención: De luns a xoves: 8:30 a 14:00 e 16:00 a 20:00 h. Venres: 8:00 a 15:00 h.

0 comentarios:

Publicar un comentario