Como xa tiñamos anunciado as festas da "Virgen de la Salud y San Blas" se celebrarán como cada ano na parroquia de San Xoán de Tabagón e darán comezo o venres 30 de xaneiro á 1 do mediodía cunha gran tirada de fogos. Ás 6 da tarde terá lugar a Subida do Artístico Arco, tamén chamado "maio", quizais en lembranza da diosa "Maya" coincidindo coa chegada da primavera. Na actualidade e dende principios do século XIX levántase para conmemorar as festas relixiosas na honra da Nosa Señora da Saúde. Nas últimas décadas vén sendo autor do seu deseño o debuxante tabagonés Ángel Pérez, que cada ano é o encargado de que o artístico arco sexa diferente e novidoso. Moitos destes "maios" aluden a un acontecemento ou conmemo-
ración de carácter universal. Este tipo de arco-maio é algo único non só no Baixo Miño senón aínda en toda a provincia de Pontevedra. Máis información no libro Nuestra Señora de la Salud: Historia, Devoción y Arte en San Juan de Tabagón, da autoría de Xoán Martínez Tamuxe e editado pola Comisión de Festas da Saúde (1993). Facede click sobre as fotografías para amplialas.
0 comentarios:
Publicar un comentario