13 jun 2012
ESTELA PEREIRA ÁLVAREZ, ELIXIDA NOVA PRESIDENTA DO CLUB U.D. RIBERA
13.6.12
Comentar
Segundo nos comunican dende o club de fútbol U.D. Ribera de O Rosal, ven de ser elixida nova Xunta Directiva, con Estela Pereira Álvarez, como presidenta, ao seu fronte, substituíndo a José Manuel Álvarez Barredo.
Velaquí vos deixamos, polo tanto, os seus actuais membros:
-Presidenta: Estela Pereira Álvarez.
-Secretario: Juan Francisco Santomé Domínguez.
-Tesoureira: Tensi Pereira Álvarez.
-Vogais:
Carmen Mª Vicente López.
José Carabelos González.
Argentino Fernández Revella.
Nel Gómez Rodríguez.
Juan Mariño González.
Juan Lorenzo Martínez.
Marcelino Rodríguez González.
-Delegado: José Antonio Juan Bento.
A Xunta Directiva do club U.D. Ribera convoca a todos os seus socios, xogadores e afeccionados á Asemblea Xeral Ordinaria, correspondente á tempada 2011/2012, que se celebrará no Estadio Municipal de "A Mata", o vindeiro venres día 22 de xuño ás 21:00 horas co seguinte orde do día:
-Lectura e Aprobación, se procede, da Acta anterior.
-Resumen Deportivo da Tempada.
-Estado de Contas.
-Rogos e Preguntas.
12 jun 2012
AS ALFOMBRAS DE CORPUS, NA IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARIÑA
12.6.12
Comentar
Fotografías: Sonia Pérez Martínez
O domingo 10 de xuño, as colaboradoras e catequistas da parroquia de Santa Mariña do Rosal foron, un ano máis (e xa van 6), as encargadas da confección das alfombras na honra do Corpus Christi (Santísimo Sacramento), baixo a supervisión do abade párroco, D. Julio Ramos Rodríguez.
Este ano a climatoloxía non acompañou, polo que se tiveron que realizar a cuberto, na entrada principal da igrexa.
"JOSE Y ROSY", PARTICIPARÁN NO VI FESTIVAL INTERNACIONAL DE BAILE, BAILA CONMIGO (CELANOVA, OURENSE)
12.6.12
Comentar
(Foto: "Jose y Rosy")
A parella rosaleira de bailaríns, "Jose y Rosy", participará no VI Festival Internacional de Baile, BAILA CONMIGO, que se celebrará os días 15 e 16 de xuño en Celanova (Ourense).
Este evento, que ten como cabeza de cartel a Adrián (Uruguay) e Anita (Brasil), pentacampeóns do mundo de salsa -profesores de Mira quién baila e Más que baile (TV)- contará con bailaríns de España, Venezuela, Rusia, Portugal, Arxentina, Perú, México, etc.
Dj Bembee (A Coruña) será o encargado da música e presentará este Festival Internacional, Alberto Fernández Viñas (O Sonero-Radio Allariz).
¡¡Dende Noticias O Rosal noraboa a "Jose y Rosy"!!
O CLUB CICLISTA O ROSAL PARTICIPOU EN SOBER NO CAMPIONATO DE GALICIA DE CONTRARRELOXO INDIVIDUAL
12.6.12
Comentar
Raúl, antes de tomar a saída, xunto ao presidente, Xerardo. (Foto: C.C. O Rosal)
O sábado 9 de xuño celebrouse en Sober (Lugo) o Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual. Ata alí se desprazou o equipo do Club Ciclista O Rosal. Esta é a crónica que se pode ler na súa web:
"Na categoría Cadete era Raúl Fernández o noso representante que partía como un "raio" marcando un dos mellores tempos á metade da carreira pero logo nos derradeiros quilómetros víñase un pouco abaixo e remataba na 11ª posición a 1´36" do vencedor.
Toñi Portela, comezando o percorrido. (Foto: C.C. O Rosal)
Na categoría Junior o primeiro en competir era Adrián Dorna que realizaba unha moi boa actuación rematando 28º a 2´55" do vencedor. Segundo en saír era Antonio Portela que marcou o mellor tempo intermedio pero ó que a última subida que había antes da meta lle pasaba factura e remataba nunha espléndida 8ª posición a tan só 23".
Manuel, agarda a orde para comezar a crono. (Foto: C.C. O Rosal)
Logo sería o turno de Pablo Cividanes que mediada a carreira sofría unha caída que o obrigaba ó abandono. Turno para Álex Lomba que nunha carreira moi regular remataba 15º a 1´08". Tocáballe logo a Adrián Vicente que remataba 17º a 2´44". Remataba a participación rosaleira Manuel González que tamén facía unha moi boa carreira para acadar o 10º posto a 38".
11 jun 2012
HORARIOS DOS XIV XOGOS POPULARES. (FIN DE SEMANA DO 15, 16 E 17 DE XUÑO)
11.6.12
Comentar
Velaquí vos deixamos os horarios dos partidos dos XIV Xogos Populares do Rosal que se celebrarán esta fin de semana (15, 16 e 17 de xuño) nas diferentes categorías de futbito e balonmán.
O venres 15, a partir das 21:00 horas, disputarase o encontro de fubito alevín entre CALVARIO e EIRAS e ás 21:35 h., o partido entre FORNELOS e MARTÍN.
Xa a partir das 22:10 h., balonmán categoría senior (NOVÁS-SULCC, CALVARIO-MARZÁN, FORNELOS-PÍAS).
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLEU UN CONCERTO-HOMENAXE AOS GAITEIROS PEPE E EMILIO FLORES COSTAS
11.6.12
1 comentario
O domingo 10 de xuño tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal o acto de lembranza aos irmáns gaiteiros, Pepe e Emilio Flores Costas, cun concerto dentro das Xornadas Didácticas "Galicia nas Terras da Gaita".
Dito acto estivo organizado pola A.F. Gaiteiros da Xistra, coa colaboración do Concello do Rosal. Presentou o evento Xerardo F. Santomé, mestre de gaita e compoñente do grupo Xistra de Coruxo, quen foi o encargado de "narrar" o que acontecía en todo momento.
Estiveron o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela e os concelleiros Pablo Flores Díaz e Charo Tabales Perozo, ademais de familiares e amigos dos homenaxeados.
Actuaron -entre outros- un integrante do Volkstanzgruppe Frommern, de Suabia (Alemaña), Tomislav Livaja, de Croacia, que tocou co gajde e o dude, instrumentos tradicionais; Sophie J. de Dixmude (bodega) e Claude Bonnafous (Languedoc-Occitania-Francia).
Pechou as intervencións musicais o grupo anfitrión, Xistra de Coruxo, co seu líder ao fronte, Xerardo, quen agasallou ao público asistente "confesando" varias anécdotas e curiosidades da vida musical de Pepe e Emilio.
10 jun 2012
ESTE VENRES E SÁBADO, INAUGURACIÓN DO CENTRO SOCIAL FUSCALHO
10.6.12
Comentar
Informa: A.C. A Velha na Horta
Desde a associaçom “A Velha na Horta”, e com a colaboraçom do coletivo “Ardentia”, queremos dar a conhecer um novo projeto comum definido na criaçom dum novo centro social na vila da Guarda, e que se abrirá como nome de “Fuscalho”.
Este projeto nasce da necessidade dum espaço físico no que poder realiçar as nossas atividades sem ter que depender de ningumha instituiçom.
Queremos fazer deste centro social um espaço de tod@s e para tod@s onde predomine o respeito mutuo entre coletivos e pessoas. Facilitar a autoorganizaçom, a relizaçom de atividades e fazer do centro um ponto onde poidam confluir todas aquelas pessoas que poidam ter uns objetivos comuns som alguns dos nossos objetivos primordiais.
Também partimos da necessidade de disponhivilizar um espaço comum para a classe trabalhadora, alvo de todos os ataques capitalistas nestes tempos, onde poida artelhar umha resposta organizada contra o sistema. Sem mais, animamos-vos a tod@s a participar ativamente neste projeto ea assistir a inauguraçom dos dias 15 e 16.
A VELHA NA HORTA ORGANIZA O "II MERCADINHO SUSTENTÁVEL"
Informa: A.C. A Velha na Horta
Transcribimos literalmente a nota de prensa recibida na nosa Redacción, deste evento que está organizado pola A.C. A Velha na Horta e que conta coa colaboración do colectivo Ardentia e de O Bixo da Laxe:
"Já esta aqui a segunda ediçom do "Mercadinho Sustentável" de venda e troco de cousas usadas, na que poderedes traer todos os trangalhos que tenhades pola casa: roupa, discos, livros, brinquedos, instrumentos musicais, decoraçom, vinilos, zapatos...
Terá lugar os dias 23 e 24 de junho na praça de Sam Bieito da Guarda. Desta maneira tentamos favorecer por umha banda que a gente trabalhadora com menor poder adquisitivo poida mercar cousas que noutros sítios nom poderia, por outra dar a oportunidade a que gente se saque uns cartos extras e por último tentar manter um equilibrio neste planeta descerebrado onde temos o consumo por bandeira.
Junto ao propio mercadinho teremos obradoiros de reciclagem e pintar camisolas, jogos para os máis pequenos e foliada, ademais dum posto com comida e bebida os dous dias.
O custo do posto é de 3 euros cada dia. Reserva o teu ligando ao 605789915 ou o 647132307 ou escrevendo a avelhanahorta@gmail.com.
E já sabedes animade-vos e a difundir!"
8 jun 2012
CONCURSO DE RELATOS CURTOS "UN RÍO DE LETRAS" CONVOCADO POR CRUZ ROJA
8.6.12
Comentar
Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño
Cruz Roja Baixo Miño, con la colaboración del CEIP Mestre Manuel García de Oia, realizará un concurso de relatos que fomentará la conservación del río entre los niños y niñas del centro.
Cruz Roja Baixo Miño dentro del proyecto “Moviéndonos por el Río” organiza y convoca el primer concurso de relatos “Un río de letras” financiado por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, a través del Programa de Educación Ambiental y Voluntariado en Ríos.
Los voluntariados de Cruz Roja desarrollarán en el CEIP del Mestre Manuel García de Oia una campaña de concienciación para el cuidado y respeto del medioambiente, pero sobre todo de nuestros ríos.
Para ello realizaremos una actividad de sensibilización, tras la cual se abrirá el plazo para la realización de los relatos. El jurado integrado por miembros del comité de Cruz Roja de A Guarda, voluntarios del proyecto y profesorado del centro decidirán cuál es el relato ganador. Al ganador y a los premiados con el segundo y tercer premio se les premiará con diferentes materiales escolares.
Acciones de formación e intervención
En el proyecto Moviéndonos por el Río, que se extenderá entre los meses de mayo y septiembre, se realizarán acciones formativas y de intervención directa sobre el río. En las primeras jornadas, el equipo de voluntarios procederá, entre otras cosas, a reconocer las características de la fauna y flora de la zona, a la limpieza de los márgenes del río (tanto de especies foráneas como de residuos que puedan existir), mediciones de la calidad del agua y una andaina popular.
Nuestro compromiso
Esta iniciativa surge del compromiso de Cruz Roja Española con los colectivos más vulnerables y que se plasma en una de sus líneas de actuación más relevantes, promover la educación y la dimensión ambiental en todas las áreas de actuación de Cruz Roja como eje transversal y de acción indirecta para reducir la vulnerabilidad y mejorar la calidad de vida de las personas, según el Plan de Acción de CRE 2007/11 y los dictámenes aprobados por la IV Asamblea General de Cruz Roja Española ( 2007).
Además, si desean obtener más información sobre las actividades que desarrollaremos o el voluntariado puede ponerse en contacto con:
Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño
c/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo. A Guarda
Tel: 986 61 46 09 / 606 34 84 71
ACTO DE LEMBRANZA AOS IRMÁNS PEPE E EMILIO FLORES COSTAS NO AUDITORIO
8.6.12
Comentar
Este domingo, 10 de xuño ás 20:30 horas, terá lugar un acto de LEMBRANZA AOS IRMÁNS FLORES no Auditorio Municipal do Rosal.
Actuarán -entre outros- neste evento os grupos musicais Xistra de Coruxo e Suabia de Alemania.
Lembramos que o pasado 2 de xullo de 2011 tivo lugar unha merecida homenaxe a Pepe e Emilio Flores Costas, populares músicos e augardenteiros co descubrimento de sendas placas na súa honra.
A Pepe, no Xardín dos Amores de Novás e a Emilio na Praza de Fornelos.
Aquel acto estivo organizado pola Asociación de Veciños Río Folón e a Comisión de Festas San José de Novás, coa colaboración especial da Asociación Folclórica "Gaiteiros da Xistra" e do Concello do Rosal.
6 jun 2012
NOTICIAS O ROSAL ENTREVISTA A ROSY PEREIRA MOLEDO, ARTISTA DO BAIXO MIÑO E XERADORA DE "BO ROLLO"
6.6.12
Comentar
Quedamos hai uns días ao atardecer no Rosal, en concreto na Praza do Calvario, con Rosy Pereira Moledo, artista nacida en Tui, o 9 de agosto de 1980, para realizarlle esta pequena entrevista e coñecela un pouquiño máis.
Intrigados, despois de asistir a unha exposición súa e a unha demostración pictórica “en vivo” que realizou durante o concerto de Dead by Pregnancy e Crepozoides -do que xa falaremos- na sala O Torreiro da Festa en Churruca (Vigo), a finais do pasado mes de maio.
Dende Noticias O Rosal, como web cultural do Rosal e do Baixo Miño, apoiamos e apoiaremos a todas aquelas persoas da Comarca ou relacionadas con ela, que “se movan”, que teñan inquietudes e que contribúan a crear “sociedade”, xa sexa mediante a arte, a cultura, o deporte…
O noso agradecemento a Rosy por concedernos esta pequena entrevista, pola súa amabilidade e simpatía. Comecemos, pois.
-¿Canto tempo levas pintando, Rosy? ¿Cantas horas lle dedicas ao día?
Pinto dende que era unha nena, pero un pouquiño máis en serio, fará dez anos. Intento dedicarlle como mínimo unha hora diaria, sempre vou coa miña carpeta e mochila a costas e, en canto podo, se teño cinco minutos, saco de bloc e me poño a debuxar.
-¿Como xorde esta paixón pola arte, pola pintura?
Castigábanme moito de pequena (risas), sempre o digo. Pechábanme na miña habitación… entón pintando pasábame o tempo máis rápido. Aí comezou todo. Estudei pola miña conta, vendo o que había en Internet e lendo moitos libros sobre pintura e sobre arte.
Meu traballo teño que recoñecer que é surrealista. Pinto soños, máis que outra cousa. Pero tamén fago encargos de retratos, paisaxes… adáptome bastante ao que me pide a xente.
Meu traballo teño que recoñecer que é surrealista. Pinto soños, máis que outra cousa. Pero tamén fago encargos de retratos, paisaxes… adáptome bastante ao que me pide a xente.
Comecei empuxada e animada polos meus amigos “faime isto, faime o outro”. Pero hai dous anos, coa miña amiga Tati, que é a presidenta da Asociación “O Bixo da Laxe”, “profesionaliceime” e animeime no Café Teatro de Tui, que ela mesma rexenta e no que tamén traballo. “Veña, pinta aquí, ven comigo, ti vales”. Antes só o facía para os amigos, para a miña filla, para min. Pero iso, grazas a Tati, que creu en min, empecei coas exposicións.
-Expuxeches o sábado 27 de maio no Torreiro da Festa en Vigo ¿que outras exposicións tes feito, individuais ou colectivas?
Pois levo pouco tempo (dous aniños) en serio, pero comecei por deseñar o cartel do Día Internacional da Muller Traballadora, facéndose unha exposición colectiva de mulleres, entre as cidades de Valença e Tui.
Despois tiven mostras individuais en Tui, unha na cafetería La Fábrica e outra, como non, no Café Teatro. En Gondomar expuxen no Café Rañolas, un lugar onde tamén se levan a cabo moitísimas actividades culturais (exposicións, concertos, contacontos, etc).
-¿Que temática soes reflectir nos teus cadros?
Normalmente como dixen, pinto soños. Porque cando máis me inspiro é pola noite, me esperto e teño que facer un bosquexo. Plasmo no lenzo o que teño na miña cabeza, non o que vexo. Evidentemente tamén fago copias, e pinto toda clase de cousas “reais”, pero cando mo piden. (Na imaxe, un retrato por encargo, a carboncillo, de dous neniños).
-Algún pintor que te guste ou que te inspire.
Dalí, para min, e o grande xenio. Encántanme as súas obras. É o máximo.
-¿Existe algunha obra, cadro ou pintura á que lle teñas un cariño especial ou que te custe ou custase desprenderte dela?
O meu primeiro cadro. Non me desfaría del nunca. Fíxeno alá polo ano 1998. É unha cousa rara: nel conflúen unha espiral, un ollo, unha lágrima, bastante escuro, pero foi a primeira vez que tiven contacto co óleo.
-Temos entendido que dás clases de debuxo. ¿Para todas as idades? ¿Que técnica? Cóntanos un pouquiño.
Si, dou clases para nenos e nenas de idades comprendidas entre 5 e 15 anos, no Café Teatro de Tui, quen desexe información doulla sen compromiso. Comezo por debuxo a lápiz para ver como evolucionan e logo pinturas en mesa. Se lles gusta, entón xa nos metemos co óleo.
-Algunha obra que teñas en mente realizar ou que polo menos te gustaría acometer en breve.
Teño moitas ganas de pintar un fondo mariño. Creo que é moi complicado plasmar as transparencias e ao mesmo tempo que dea sensación de auga.
-¿Proxectos a curto prazo de Rosy Pereira?
Aparte de varios encargos pictóricos hai algunha proposta para introducirme no mundo do tatuaxe. Puxéronse fai pouco en contacto comigo por se estaba interesada e que me presentarían a unha persoa moi coñecida e respectada nese mundiño... e a cousa esta aí. A verdade é que si que me gustaría aprender a tatuar. Veremos que pasa e se vai para adiante.
A OUTRA ENTREVISTA
-Unha comida
Sen dúbida, a empanada de cocido.
-Unha bebida
O zumo de maracuyá.
-Un libro
La insoportable levedad del ser, de Milan Kundera.
-Unha película
El cuervo, de Álex Proyas. Tamén me gusta moito Dentro del laberinto, de Jim Henson.
-Música ou grupo musical
Canteca de Macao. En xeral, encántame a mestura étnica.
-Un cadro ou unha pintura
Los relojes blandos (La persistencia de la memoria), de Dalí.
-Un soño sen realizar
Estudar Belas Artes.
-Un sono cumprido
-Un sono cumprido
Criar á miña filla
-Unha frase ou refrán que apliques á vida
O Rosal, xuño de 2012.
5 jun 2012
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN
5.6.12
Comentar
A Xunta Directiva da S.D. Atl. Novás Balonmán, convoca a tódolos Socios e Socias á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará no Pavillón Municipal o DOMINGO 17 DE XUÑO DE 2012, ás 11:30 horas en primeira convocatoria, e ás 12:00 horas en segunda convocatoria coa seguinte ORDE DO DÍA:
1. Balance deportivo dos equipos desta Sociedade na Tempada 11/12.
2. Estado de contas.
3. Xunta Directiva.
4. Rogos e preguntas.
ESTEBAN PEDROSA, PORTEIRO DO ATLÉTICO NOVÁS ANUNCIA A SÚA RETIRADA DO BALONMÁN
5.6.12
Comentar
Foto: Mecalia Atlético Novás
Segundo podemos ler na páxina oficial de facebook do Mecalia Atlético Novás, o porteiro Esteban Pedrosa anuncia a súa retirada do balonmán.
Velaquí vos deixamos íntegras as palabras publicadas no perfil do Novás:
"Ya se venía rumoreando en los últimos tiempos y a pesar de que todo el mundo ha intentado convencerlo, nadie ha sido capaz de convencer al mejor portero que ha tenido el Novás, Esteban Pedrosa, para que siga ligado al club, ni al balonmano ni una temporada más.
A los 37 años, tras 23 jugando al balonmano y 12 en el Atlético Novás, en el que ha sido siempre la referencia en la portería y una de las principales del equipo en cada uno de eses años dejará un vacío que será de las misiones más dificiles para la directiva durante este verano, cubrir ese hueco.
Agradecer a Esteban su compromiso y profesionalidad de parte de todo el club y de la afición. Muchas gracias por todo, y ya sabe que si recapacita aquí siempre tendrá su casa".
4 jun 2012
VOLVEN AS ANDAINAS DO PROGRAMA “O ROSAL COÑECE O TEU CONCELLO” COA VISITA AOS MUÍÑOS DE IGNACIO
4.6.12
Comentar
O sábado 23 de xuño o Concello do Rosal volve a organizar unha nova andaina polo municipio, tras o éxito e a boa acollida das celebradas en 2011.
Lembramos que xa se percorreron os Muíños do Folón e do Picón, a Senda de Pescadores (dende As Aceñas ás Eiras), o Camiño Portugués pola Costa, Sanxián e Portecelo, visitáronse as igrexas parroquiais do Concello (Santa Mariña, San Xoán e San Miguel de Tabagón, San Bartolomeu das Eiras), as súas capelas, os sepulcros de Marzán, a ponte do Tamuxe, a serra do Pijorro, a ruta das Pesqueiras (Urgal-Fornelos), a ruta dos Cruceiros, Niño do Corvo, etc.
Desta vez, sairase ás 15:30 horas dende as inmediacións da ponte e da adega Lagar, en Fornelos, para –entre outros lugares- coñecer o contorno do río da Cal, as súas pozas e os “Muíños da Pinta”, propiedade de Ignacio González Rivas, “O Perruqueiro”.
O encargado de guiar e ofrecer as explicacións histórico-culturais durante a andaina, ao igual que todas as realizadas o ano pasado, será Juan Ramón Martínez Barbosa, quen nesta ocasión estará acompañado tamén polo propio Ignacio (na imaxe), recoñecido aventureiro e amante da cultura e da natureza galegas.
Quen desexe máis información ou anotarse nesta actividade –que é gratuíta- pode facelo chamando ao teléfono do Concello (986 62 50 00) deixando o seu nome e apelidos, así como o seu número de contacto, por se houbese algún cambio na programación ou mesmo aprazamento debido a condicións meteorolóxicas adversas.
Recoméndase dende a Organización, levar roupa cómoda e calzado axeitado, gorra, protección solar, un bocadillo e auga.
3 jun 2012
A EXPOSICIÓN "PATRIMONIO NATURAL" PRODUCIDA POLO GAC 7 VISITA O CENTRO CULTURAL DE PEDORNES
3.6.12
Comentar
Informa: Manuel Ángel Pombal
As asociacións Cultural e de Veciños da parroquia de Pedornes (Oia) en colaboración co Grupo de Acción Costeira (GAC) 7: Ría de Vigo-A Guarda e a Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM) organizan unha exposición sobre o Patrimonio Natural da costa sur pontevedresa no marco do proxecto TEAM Miño (POCTEP, 2007-2013).
A exposición consta de 10 paneis de grandes dimensións (85 cm ancho x 200 cm de alto) e foi producida polo GAC 7. Os paneis da exposición están organizados baixo diferentes temáticas que inclúen “A Riqueza do Patrimonio”, a “Toponimia de Cangas e Cíes”, “A Talasonimia da Costa Sur”, “O Mar das Gamelas”, ou o “Patrimonio Industrial”.
Dentro da Talasonimia da Costa Sur, á que se lle dedican 4 paneis, cabe salientar o traballo de recollida de topónimos feito por Roberto Rodríguez Álvarez (veciño da parroquia de Pedornes) e Xosé Lois Vilar Pedreira (veciño de Baiona, pregoeiro da Festa do Cabaqueiro, O Rosal 2006).
En canto ó Patrimonio Industrial, que conta con dous paneis, coméntanse aspectos relacionados coa Fábrica de Regasende, a Fábrica do Alemán, un Cargadoiro de Mineral tipo “Cantilever”, un Forno de Cal ou a Granxa das Saíñas.
Por outra banda, a abundante Riqueza Patrimonial da costa sur pontevedresa desglósase en tres listados baixo os títulos: Bens Culturais Mobles, Bens Culturais Inmobles e Bens Culturais Inmateriais. Finalmente, amósanse, a modo de resumo, información diversa relacionada coas actividades desenvolvidas polo GAC 7.
A citada exposición poderá visitarse os días 3, 10, 17 e 24 de xuño, e o 1 de xullo de 16.00 a 22.30 h. Todos aqueles que queiran coñecer un pouco máis da nosa costa están convidados a visitar a exposición Patrimonio Natural, xa que: Para protexer, hai que coñecer.
Por outra parte, tamén se presenta unha "interesantísima exposición fotográfica da autoría de Suso Iglesias, veciño de Teis (Vigo), despois de vivir (e convivir) coas súas xentes durante un ano en Lichinga (Mozambique)".
Por outra parte, tamén se presenta unha "interesantísima exposición fotográfica da autoría de Suso Iglesias, veciño de Teis (Vigo), despois de vivir (e convivir) coas súas xentes durante un ano en Lichinga (Mozambique)".
1 jun 2012
A ASEMBLEA COMARCAL DE CRUZ ROJA BAIXO MIÑO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ACTIVIDADES DE VERÁN
1.6.12
Comentar
Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño
Iniciaremos diversas actividades en los ayuntamiento de A Guarda, Oia y Tomiño. Se prevé la participación de más de 75 niñ@s y 15 voluntari@s.
Cruz Roja Española informa que desde su Asamblea Comarcal Baixo Miño pondrá en marcha el próximo 2 de julio sus actividades de verano. EL PLAZO DE INSCRIPCIÓN COMIENZA HOY, VIERNES 1 DE JUNIO.
Las ludovermellas se desarrollarán en el CEIP Mestre Manuel García de Oia, en las dependencias de la Omix de Tomiño y en el parque de O MONTIÑO de A Guarda, en horario de 11.00 a 13.00 h., en A Guarda y Oia; en Tomiño de 10.00 a 13.00 h.
Las actividades están dirigidas a niñ@s con edades comprendidas entre los 5 y 12 años. La finalidad de estos talleres es hacer llegar a l@s niñ@s valores como solidaridad, tolerancia, cooperación, empatía, compañerismo, respeto… además de fomentar la interrelación entre niños de distintos grupos de edad.
Los objetivos que se pretenden conseguir son básicamente los siguientes:
- Promover la adquisición de nuevos hábitos lúdicos y educativos.
- Fomentar la participación.
- Promover la adquisición de valores y conductas positivas respecto a la vida grupal y a la convivencia.
- Reforzar y favorecer la creación de redes interpersonales…
Estos talleres, de carácter gratuíto, serán realizados los lunes en Oia; martes y jueves en A Guarda; los viernes en Tomiño.
Para más información, reserva o inscripción deberán dirigirse a:
Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño
c/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo. A Guarda
Tel: 986 61 46 09 / 606 34 84 71





















.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)

.jpg)

.jpg)


.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)










