Informa: Ana Hermida // Lisístrata Asociación Cultural
O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Como cada ano e dende 1997, a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil promove esta celebración en lembranza do incendio da Biblioteca de Saraxevo durante o conflito dos Balcáns no ano 1992.
As bibliotecas albergan grandes tesouros do saber e da cultura, cómpre coidalas e protexelas, abrir as súas portas e que a xente as coñeza, falar e que falen delas, nelas e con elas.
Estaremos contando historias para o alumnado do CRA María Zambrano, contos contados dende a perspectiva de xénero e igualdade, onde a protagonista non se vexa como algo inferior. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
Será o venres 24 na Biblioteca Municipal de O Rosal, ás 11:00 h.
0 comentarios:
Publicar un comentario