Informa: Jesús González Álvarez
Esta fin de semana (4 e 5 de outubro) celébrase na Alameda de San Miguel de Tabagón unha nova edición da Festa da Vendima. Haberá mostra de artesanía e mercado solidario coa Asociación Conrazones.
Terá lugar tamén o III Torneo de Rá - Festa da Vendima (individual e por parellas).
O sábado 4 de outubro, a partir das 21:30 horas, organízase o I Serán Festa da Vendima.
O domingo 5 de outubro, a partir das 10:00 da mañá e durante todo o día: pulpeiro, carne ao caldeiro, tapas e viños.
Ás 12:30 horas, actuación do Trebón dos Xidos. E xa de tarde, a partir das 16:00 horas, Festival de Pandereteiras Festa da Vendima.
0 comentarios:
Publicar un comentario