TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

15 jul 2014

Programa da XXII Feira do Viño do Rosal (18, 19 e 20 de xullo de 2014)




Informa: Organización da Feira do Viño do Rosal.
  
XXII FEIRA DO VIÑO DO ROSAL

Este ano celebramos a XXII Feira do Viño do Rosal, que unha vez máis reúne na Praza do Calvario a numerosas empresas vitícolas xa consolidadas e outras máis novas en período de crecemento. Esta Feira ten un dobre obxectivo de promoción empresarial, por un lado, e de promoción turística, por outro.

As datas da mesma serán o 18, 19 e 20 de xullo.
Todas as adegas participantes pentencen a  Denominación de Orixe Rías Baixas e, en concreto á Subzona do Rosal, que abrangue ó Baixo Miño.


1.- GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS DA FEIRA DO VIÑO 2014.

O murciano Rubén Alesandro Lucas García gaña o concurso de 
carteis da XXI Feira do Viño do Rosal.
 
2.- INAUGURACIÓN DA FEIRA

A  XXII Feira do Viño do Rosal, celebrarase os días 18, 19 e 20 de xullo na Praza do Calvario, reunindo á maioría das adegas pertencentes a subzona do Rosal.


A inauguración levarase a cabo o venres 18, ás 20:00 horas, na Praza do Calvario. A persoa encargada de inaugurar a Feira será a Conselleira do Medio Rural e do Mar, Dª .Rosa Quintana.

O pregoeiro este ano será Pepe Cadavedo, Periodista radiofónico especializado en gastronomía.

A Feira, que está consolidada recibe anualmente, segundo os datos dos últimos anos, unha media de 30.000 visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.


3.- ORZAMENTO DA FEIRA

Sobrepasou os  30.000€ na pasada edición.

Gastos principais: publicidade, iluminación, son, decoración, persoal, stands e carpas, ambientación musical...

Ingresos: achega do concello e subvencións de varias institucións (Xunta de Galicia, Consello Regulador, Deputación Provincial,) e  venda de cataviños.

4.- DISPOSICIÓN DO RECINTO FEIRAL


Na Praza:

1º.-Stands: 10 adegas, 1 de produtos vexetais, 1 de froitos do Rosal, concretamente do Mirabel produto único na nosa zona, Consello Regulador da D.O. Rías Baixas e Ruta do Viño Rías Baixas, Municipio de Ponte de Lima.

2º.-Carpas: produtos gastronómicos (polbo, embutidos, postres caseiros,...)

3º.-Stand de Voluntariado da Feira do Viño. Ante a chegada de visitantes que veñen expresamente á Feira do Viño do Rosal, ou que veranean pola zona nestas datas, xurde a necesidade de ofrecerlles un servizo de atención e información completa sobre o concello e a súa zona, a Feira e as súas adegas.
Por todo iso un ano máis o grupo de voluntariado do Concello do Rosal vai a prestar o seu tempo e formación a disposición dos visitantes da Feira do Viño.
Haberá un stand de información na entrada da praza do Calvario, na que un grupo de persoas voluntarias ofrecerán información sobre a Feira, o seu horario, o servizo de autobús, e os lugares de interés do Rosal e arredores.
Esta mesa de información formada por 9 persoas voluntarias do noso concello, tamén resolverá dúbidas como onde aloxarse, que ver ou que facer para coñecer mellor o noso entorno.

4º.- Stand da  Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado no marco do programa Xplora Xuventude, que vai desprazar o venres 18 de xullo de 20.30 ata as 24.00 horas á Praza do Calvario, coincidindo coa celebración da Feira do Viño do Rosal, unha carpa informativa para dar a coñecer e proporcionar asesoramento sobre os recursos e os programas que ten en marcha para todos os mozos e mozas de Galicia nos diferentes ámbitos: programas Iniciativa Xove e Xuventude en Acción, voluntariado xuvenil e ambiental, axudas para a obtención do carné de conducir, Galeuropa e outros programas de mobilidade xuvenil, servizo Quérote +, Carné Xove e outros carnés destinados á mocidade, funcionamento da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).., entre outros. 

Este programa ten como finalidade potenciar o coñecemento e a participación da mocidade galega nas accións que se desenvolven por e para ela dende a dirección xeral; ademais da carpa, contará cos medios técnicos necesarios e persoal informador e coñecedor de todos os programas que se están a desenvolver. 

Estará instalada na Praza do Calvario de 20.30 a 24.00 h., coincidindo coa celebración da Feira do Viño aproveitando a multitude de xente nova que se achega a este evento. Dende aquí animamos a todas as asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos a xuventude (clubs deportivos, asociacións culturais, entidades sociais, etc..) e a todos os grupos informais de xoves que acudan, pois recibirán información dun feixe de programas e actividades que lles poden interesar. 

No centro da praza: Información e venda de cataviños

5.- AMBIENTACIÓN MUSICAL

Venres, a partir das 22:00: Charanga 
Sábado, a partir das 20:30 horas: Charanga
Domingo, a partir das 20:30 horas: Charanga

6.- ACTIVIDADES PARA NENOS (novidade)

Este ano como novidade e despois da demanda xurdida ó longos destes anos imos dispor de inchables e de obradoiros de maquillaxe para nenos. As persoas que consuman na feira seráselles entregados vales para utilizar nas dúas actividades.


7.- SERVIZO GRATUÍTO DE TRANSPORTE


Igual que en edicións anteriores, haberá un servizo gratuito de transporte entre A Guarda e O Rosal.


 8.-  STANDS PREVISTOS

  1. Pedregales
  2. Gaudila
  3. Altos de Torona
  4. Gran Novás
  5. Quinta Couselo
  6. Santiago Ruiz
  7. Lagar de Cervera
  8. Valmiñor
  9. Terras Gauda
  10. Canónigo Areal
  11. A Rosaleira; productos vexetais envasados.
  12. Consello Regulador e Ruta do Viño Rias Baixas
  13. Municipio de Ponte de Lima
  14. Froitos do Rosal – Mirabel do Rosal: (novidade)

9.- PRODUTOS GASTRONÓMICOS PREVISTOS


Restaurante Xantar

Restaurante As Brasas

Restaurante Trasmallo

Pulpería Tere

Sebastián Guerreiro Carnero

Restaurante Casa Olga


10.- PROGRAMA DA FEIRA 2013

Venres, 18 de xullo

20.00 Inauguración a cargo da Conselleira de Medio Rural e do Mar.

20.10 Lectura do pregón a cargo de Pepe Cadavedo, Periodista radiofónico especializado en gastronomía.

20.30 Visita ós expositores e degustación de viños do Rosal

22.00 Actuación da Charanga.

02:00 Peche da Feira


Sábado, 20 de xullo

11:00 apertura do recinto feiral

20:30 Actuación da Charanga

02:00 Peche da Feira


Domingo, 21 de xullo

10:30 Andaina 10k

11:30 Carreira 10K

20:30 Actuación da Charanga

24:00 Clausura da Feira


11.- ACTIVIDADES DURANTE A FEIRA

EXPOSICIÓNS do 18 ao 27 de xullo na Sala de Exposicións do Concello:

HORARIO

De luns a venres: de 11:00 a 13:30 horas
Sábados, domingos e festivos: de 11 a 13:30 e de 20 a 22 horas

  • PINTURA de MARÍA SOBRINO PEREIRA
  • ESCULTURAS do COLECTIVO SOMOSARTE
  • XXI MOSTRA NUMISMÁTICA E FILATÉLICA do GRUPO “VAL DO ROSAL”

Os días 18, 19 e 20 de Xullo, coincidindo coa XXII Feira do Viño de Ou Rosal, o  Grupo Filatélico e Numismático Val de O Rosal celebra a XXI edición da súa exposición filatélica.

Como en edicións anteriores, este ano contarase con matasellos conmemorativo e selo personalizado. Este ano están dedicados a D. José Mª Alonso Francisco “Cuncho”, de S. Miguel de Tabagón, último alcalde republicano en O Rosal e recoñecido viticultor. 


Coincide este ano co 70 Aniversario da concesión pola Diputación Provincial, do 1º Premio de Viños de O Rosal, outorgado a un viño da súa colleita.

Como todos os anos, nesta exposición participarán filatélicos e numismáticos do Baixo Miño, e outras localidades. 

O local, é o de edicións anteriores: Salón de Exposicións do Concello.

As temáticas serán variadas e moi interesantes. 

0 comentarios:

Publicar un comentario