Xavi, Mon e Dani nunha imaxe de arquivo.
Segundo nos confirman dende o Mecalia Atlético Novás, finalmente o porteiro Xavi Díaz (BM Villa de Aranda) e o pivote Dani Cerqueira (BM Cangas Frigoríficos do Morrazo) acompañarán ao seu capitán, Ramón Martínez na Selección Galega de Balonmán.
Lembramos que o combinado galego, que será dirixido polos adestradores Quique Domínguez e Javier Barrios, disputará dous amistosos en Meaño (sábado 1 de xuño ás 18:00 horas) e Pontevedra (domingo 2 de xuño ás 12:30 horas) ante a selección de Israel.
¡¡Dende Noticias O Rosal, noraboa rapaces!!
ÚLTIMA HORA: Se ben foi convocado, hai uns intres Mon, capitán do Novás, confirma que -por prevención- ao salir da súa recente lesión, finalmente non forzará e non disputará estes dous partidos con Galicia. ¡¡Ánimo!!

0 comentarios:
Publicar un comentario