TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

2 may 2013

ESTE DOMINGO 5 DE MAIO, ESPECTÁCULO NO AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL CON "AS POMBAS DE CARBOEIRO"




Informa: Agrupación Musical do Rosal

Este domingo 5 de maio, ás 18,30 h. no Auditorio do Rosal a compañía Fantoches e a banda de música da Agrupación Musical do Rosal ofrecerán o espectáculo "As Pombas de Carboeiro".
Unha sorprendente peza onde se misturan os contos e os cantos, os romances e as lendas, e revélanos a fantástica orixe das pombas de Carboeiro. A representación versa sobre a historia dun frade que trata de convencer ao exército napoleónico de que non sacie a súa fame coa poboación de pombas mensaxeiras do mosteiro de Carboeiro. A través do seu relato, interpretado coa técnica xaponesa do kamishibai -baseada en imaxes impresas en cartolina nunha xanela de madeira que leva unha bicicleta- o vello relixioso descubrirá a historia de amor imposible protagonizada por Cervela (correo de El-Rei Fernando II) e Octavia (a filla máis nova de Lupa de Lobarzán), e que dará orixe á estirpe de pombas que habitan no mosteiro.
A dramaturxia de Inacio Vilariño e Benxamín Otero, ao igual que as súas dotes para manipular monicreques e interpretar contos ou cantos, estará acompañada pola música en directo da Agrupación Musical do Rosal baixo a dirección de Marcel van Bree, que interpretarán as pezas compostas para a ocasión por estes.
Trátase dun espectáculo de dinamización lingüística multidisciplinar que combina a lingua narrada coa dramaturxia, os monicreques e coa música en directo e forma parte do programa "FalaRedes 2013" que percorrerá 19 concellos adheridos á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. O acto está organizado polo Concello do Rosal en colaboración coa Agrupación Musical do Rosal.

0 comentarios:

Publicar un comentario