A
falta de confirmar o horario e o itinerario completo, o Concello do Rosal
anuncia a celebración da “XII Andaina O Rosal. Coñece o teu concello, 2013”
para o vindeiro sábado 8 de xuño, de tarde.
Lembramos
que a última ruta guiada foi o pasado 11 de maio polas parroquias de San Xoán
de Tabagón e San Bartolomeu das Eiras, con visita a Adegas Valmiñor, ao petróglifo
de Ghorgholado e aos cruciformes das Ramallas, capela da Magdalena, igrexa
parroquial das Eiras, praia fluvial, etc.
Para
apuntarse a esta XII Andaina –a inscrición é gratuíta- e para máis información,
poden achegarse ata o Concello do Rosal ou chamar ao seu teléfono: 986 62 50
00.
Velaquí
deixamos a reportaxe fotográfica realizada por Juan Ramón Martínez Barbosa,
guía destas andainas deportivo-culturais.
0 comentarios:
Publicar un comentario