Fonte:
Asociación Érguete Baixo Miño
Cada 31
de maio, a Organización Mundial da Saúde celebra o DÍA MUNDIAL SEN
TABACO para recordar
que provoca múltiples preocupacións a
toda a sociedade, tanto aos fumadores activos como pasivos: mortes
prematuras, cancro broncopulmonar e de larinxe, cardiopatía isquémica e
cerebrovascular, aumento do risco de disfunción eréctil, problemas dentais, e
un longo etcétera.
O tema concreto deste ano
é a prohibición da publicidade, a promoción e o patrocinio do tabaco. As probas
acumuladas amosan que a prohibición
completa da publicidade, reduce o número de persoas que adquiren ou manteñen o
hábito de fumar. As estatísticas amosan que a prohibición da publicidade e o
patrocinio do tabaco é unha das medidas máis eficaces para reducir a demanda de
tabaco e constitúe, polo tanto, unha das “mellores inversións” para combatelo.
A epidemia mundial do tabaquismo mata cada ano a case 6 millóns de persoas, onde
máis de 600.000 son non fumadoras que morren por respirar o fume alleo.
A
Asociación Érguete Baixo Miño contribúe a protexer á poboación presente e
futura desta adicción, educando en
hábitos de vida saudables nos talleres que realizamos nas escolas e animando
ás persoas novas a que por ningún motivo se inicien no consumo desta
substancia. Tamén, dende Érguete ofrecemos axuda ás persoas que desexen deixar
de fumar a través do asesoramento individual e personalizado ao cal poden
acceder gratuitamente contactando coa entidade.
Asociación Érguete Baixo
Miño
r/Colón, 20 (Edif. O
Pescador 1º piso) de A Guarda
986 614 407
- info@erguete.org
- facebook.com/erguetebm
- @ErgueteBM
Video
campaña Día Mundial sen Tabaco 2013: http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=BmOdf2wv6kQ#!
0 comentarios:
Publicar un comentario