O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal organiza varias actividades neste período estival para os nenos de Educación Infantil e Primaria en colaboración coa concellaría de Cultura. Segundo Silvia Baquero Pereira, responsable desta iniciativa, estas actividades (xogos, manualidades, animación á lectura) véñense desenrolando dende 2001, durante os meses de xullo e agosto, advertíndose ano tras ano un aumento progresivo de participantes, sendo na actualidade 78 nenos e nenas. Dúas monitoras oficiais e catro en prácticas encárganse da súa atención.
Este proxecto está enmarcado dentro do Programa Integral de Animación Sociocultural do Concello do Rosal no que tamén se levan a cabo de xeito anual múltiples actividades para nenos e adultos como ximnasia funcional, de mantemento, ioga, baile de salón, pintura, cociña, informática, automaquillaxe, etc. En palabras da concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, un dos obxectivos do seu departamento “é o fomento e animación á lectura e ademais que esta se realice na propia Biblioteca Municipal. Unha vez que comece o curso escolar e a partir de outubro, o último mércores de cada mes teremos sesión de contacontos”. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica dunha destas xornadas cos máis pequenos:
0 comentarios:
Publicar un comentario