Axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula nun Master oficial cursado nunha universidade pública, dirixidas a titulados universitarios que se atopen en situación legal de desemprego e que teñan recoñecido o dereito a percibir a corresponden-
te prestación económi-
ca. A finalidade das axudas é mellorar as cualificacións académi-
cas pola vía de completar e actualizar os niveis formativos dos destinatarios e favorecer a incorporación ao mercado laboral dos titulados universitarios que temporalmente perderon a condición de empregados.
1. O importe da axuda de matrícula do Máster.
Serán requisitos necesarios para a obtención da axuda:
a) Ter nacionalidade española.
b) nacer entre o 1 de xaneiro de 1969 e o 31 de decembro de 1983.
c) Estar en posesión dun título oficial universitario.
d) Atoparse en situación legal de desemprego.
e) Ter recoñecido o dereito a percibir prestación ou subsidio de desemprego na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e non expirar nesa data o período durante o cal ten dereito á súa percepción.
f) Estar matriculado no curso 2009-2010 nun curso completo de máster oficial, de acordo co correspondente plan de estudos, impartido por unha universidade pública.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o día 30 de outubro de 2009 inclusive.
Máis información no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal ou no teléfono 986 60 94 50.
0 comentarios:
Publicar un comentario