TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 ago 2009

Xente do Rosal na Festa da Istoria en Ribadavia

Multitude de rosaleiros e baixomiñotos déronse cita na Festa da Istoria 2009, declarada de Interese Turístico Nacional e que se celebra este ano dende o xoves ata o sábado 29 de agosto na vila de Ribadavia (Ourense). A actual versión da Festa da Istoria é unha traslación no tempo da celebrada nesta vila, ata o século XIX, e que se encadraba nos festexos da Virxe do Portal, Patroa do Ribeiro. Dentro dos obxetivos básicos da Festa da Istoria, sobresaen a recuperación de tradicións ancestrais e históricas, que formaron a propia historia da vila de Ribadavia e da súa bisbarra.

A Istoria permite coñecer oficios que hoxe en día están en decadencia ou xa se esqueceron, tales como ferreiros, carpinteiros de armar, toneleiros, cesteiros, e un longo etcétera. A organización da Festa é responsabilidade dun amplo colectivo veciñal, que se renova cada ano, denominado Coordinadora da Festa da Istoria. Está composta por veciños que, uns a título individual e outros como representantes de diferentes organizacións culturais do municipio, queren contribuír, asumindo responsabilidades a desenrolar ás distintas actividades que se realizan o día da Festa. O criterio de traballo baséase sempre en manter o rigor histórico que debe ter cada actividade ou acontecemento que se represente. Así téñense en conta as características e os nomes das edificacións e lugares onde se fai calquera actividade, para respetalas coma no medievo, non permitindo a circulación de produtos non existentes naquela época, coma os envases de plástico, etc.

Tamén dase unha especial importancia á vestimenta. A Coordinadora da Festa, conta con tres almacéns propios onde se ubican as diferentes posesións das que dispón. Así o almacén de madeira contén todo o correspondente aos postos de artesáns, torneo medieval, vallas, etc. O de roupa, dispón de máis de mil traxes para aluguer e vestimenta de convidados e membros que participan no evento. E o almacén de estandartes e barro posúe máis de cincocentos estandartes e pendóns que serven para engalanar as rúas, o castelo, e lugares onde se fan outras actividades coma a cea medival, a voda xudea, a música medieval, o teatro... (Fonte: Ribadavia.net). Velaquí vos deixamos a reportaxe fotográfica da nosa xornalista Ruth Martínez:

0 comentarios:

Publicar un comentario