FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

13 feb 2013

VAMOLANDANDO TEATRO PRESENTA NO ROSAL A OBRA "ROSIÑA SOLTEIRA"



Informa: Anselmo Martínez Pena

Este domingo 17 de febreiro, a partir das 18:30 horas, o Auditorio Municipal do Rosal acollerá a obra "Rosiña Solteira", de Federico García Lorca, posta en escea polo grupo Vamolandando Teatro da Guarda.

CRUZ ROJA BAIXO MIÑO CONTINÚA CO SERVIZO DE ASESORAMENTO E PRÉSTAMO DE PRODUTOS DE APOIO



Informa: Neli Rodríguez.

El pasado mes de diciembre del 2011, Cruz Roja ha iniciado un Servicio de Asesoramiento y Préstamo de Productos de Apoyo con la financiación del Ministerio de Sanidad y Política Social. Este nuevo servicio está dirigido a  personas que presentan limitaciones físicas, psíquicas y/o sensoriales con dificultades para desenvolverse de forma autónoma en las actividades básicas e instrumentales de la vida diaria como asearse, comer, trasladarse, llamar por teléfono etc.….

Los productos de apoyo, antes llamados ayudas técnicas, suponen para estas personas elementos fundamentales para facilitar su vida cotidiana, su libertad de acción y movimiento y para adaptar los entornos de acuerdo a la accesibilidad universal. Y para los cuidadores mejoran su calidad de vida, ya que facilitará la atención a las personas dependientes.

La accesibilidad universal establece el compromiso para garantizar que los productos y el entorno sean utilizables y practicables para todos en condiciones de seguridad y comodidad independientemente de la posible capacidad restringida que de forma permanente o temporal algunas personas presentan.

Por todo ello, Cruz Roja en Baixo Miño organiza, en primer lugar, el préstamo de algunos de estos productos, en concreto, aquellos facilitan el traslado y el aseo (silla de ruedas, andadores, muletas, sillas giratorias de bañera, cojines antiescaras, asas de bañeras, etc)  y, en segundo lugar, el asesoramiento respecto al tipo y utilidad de productos de apoyo existentes y los procedimientos para poder acceder a ellos.

Todas las personas que estén interesadas y/o deseen  recibir más información sobre este servicio pueden dirigirse a:
Cruz Roja Asamblea Comarcal Baixo Miño
C/ Agustín Nandín Lomba, nº1 bajo.
Teléfono: 986614609/606348471

O CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS CELÉBRASE ESTE SÁBADO




Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome

O Cámping Santa Tecla de A Guarda acollerá o vindeiro sábado 16 de febreiro a partir das 11 da mañá o Campionato Galego de Campo a través.

Velaquí vos deixamos o cartel, cuxo debuxo é obra da deportista do Club Deportivo San Xerome, Amparo Ferreira Álvarez.

O ROSAL ORGANIZA UNHA VISITA Á CASA-MUSEO DE ROSALÍA DE CASTRO




Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, o vindeiro 24 de marzo terá lugar unha visita á Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón.

A saída do Rosal será as 8:30 h. da mañá. Xantarase en Santiago de Compostela e haberá tempo libre pola tarde para dar unha volta pola cidade.

O prezo é de 25 euros. Tal e como reza o cartel, as persoas interesadas deben anotarse no Centro Social Polivalente ou ben no teléfono 986 60 94 50.

5 feb 2013

PRETO DE 100 ATLETAS PARTICIPARÁN NO "I CAMPO A TRAVÉS POLA INTEGRACIÓN" DO VINDEIRO SÁBADO 9 DE FEBREIRO




Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome

A actividade deportiva terá lugar no Cámping Santa Tecla de Salcidos (A Guarda), nas categorías de alevíns, infantís e cadetes (masculino e feminino). Os deportistas con discapacidade participarán na categoría de cadetes.

A saída da primeira categoría será aproximadamente ás 10:30 h. (alevíns) e a última ás 12 h. (cadetes).

Participarán atletas dos clubes: Racing Chapela, Juan XXIII e San Xerome (da FEGADDI- Federación galega de deporte para persoas con discapacidade intelectual), xunto con atletas dos clubes-centros: Suárez Marquier, Tui Thermalia, IES A Sangriña, Atletismo Porriño, ademais de atletas que o farán de xeito individual.



A actividade estará organizada polo Club deportivo San Xerome,  conmemorando o 32 aniversario do Centro, e conta coa colaboración da Deputación Provincial, Concello da Guarda, Cámping Santa Tecla, Coca Cola, Frutas Serafín e Aguasana.  Mención especial aos voluntari@s que dende fai varios días están a colaborar para que este evento sexa un éxito.


Informamos tamén que neste mesmo circuíto o sábado 16 de febreiro, terá lugar  o Campionato Galego de campo a través para persoas con discapacidade intelectual, organizado nesta ocasión pola FEGADDI, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Concello da Guarda, Cámping Santa Tecla e do Club Deportivo San Xerome. As  diferentes carreiras terán lugar de 10:30  a 14 h.

Animamos ao público en xeral acuda a animar aos deportistas nestes dous eventos, nun espectacular circuíto que xa foi escenario dun Campionato de España de campo a través (FEDDI) no ano 1997.

Nas fotografías, un grupo de adestradores-voluntarios  preparando o circuito no Cámping Santa Tecla.

FESTAS DE ENTROIDO 2013 EN FORNELOS



As tradicionais Festas de Entroido de Fornelos comezan o domingo 10 de febreiro a partir das 9:30 horas, cando o grupo de gaitas A Boalleira realizará un pasarrúas.

Xa ás 11:00 h., sairán de Fornelos as carrozas para asistir ás 12:00 h., ao Gran Desfile-Concurso que se celebra anualmente na Praza do Calvario.

De tarde, alá polas 17:00 horas, terá lugar en Fornelos a actuación do grupo As Bolinhas do Jorge (Portugal) ata o comezo da verbena, que contará cos grupos Ritmo Joven e Quinta Avenida.


O luns 11 de febreiro, a partir das 16:00 horas, celebrarase a tradicional Corrida do Galo. Para os máis pequenos, dende as 18:00 horas, actuación de Os 7 Magníficos máis 1.

Sobre as 22:00 horas comezará unha gran verbena amenizada polos grupos D'Moda e Saudade 73.

Para rematar estes festexos, o martes 12 de febreiro, celebraranse na Praza de Fornelos as típicas Frixidelas. A gran verbena comezará ás 21:00 horas, cos grupos Costa Blanca e Alcotán.


Hai que lembrar que xa dende o venres 8 ata o martes 12 de febreiro, Fornelos acollerá por cuarto ano consecutivo a "Carpa de Carnaval", con sesión de Dj's a partir das 12 da noite.

1 feb 2013

CURSO DE CRUZ ROJA SOBRE "CUIDADOS PSICOSOCIALES BÁSICOS PARA LA ENFERMEDAD DE ALZHEIMER"




La acción formativa contará con 30 horas de duración en las que se trabajarán conceptos sobre esta enfermedad y formas de atender de forma óptima a los pacientes.

Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño

Desde la Asamblea de Cruz Roja Baixo Miño informamos de la convocatoria del curso “CUIDADOS PSICOSOCIALES BÁSICOS PARA  LA ENFERMEDAD DE ALZHEIMER”. 

Este curso está enmarcado dentro de las acciones formativas de interés sociosanitario de Cruz Roja y está dirigido a personas mayores de 16 años que estén interesadas en adquirir  las habilidades y conocimientos necesarios para la movilización cuidados especiales que requieren las personas dependientes con esta patología.

El objetivo principal de esta formación es dar a conocer de manera sencilla habilidades y herramientas básicas que lleven a proporcionar un cuidado óptimo de las personas que padecen alzheimer. Además de facilitar la adquisición de conocimientos, así como un nivel adecuado de formación sobre contenidos acerca de la psicopatología del alzheimer, mejorar las actuaciones en el ámbito de la intervención del Auxiliar de clínica o de la persona con enfermos de alzheimer a su cargo y capacitar a los alumnos para seguir unas pautas de actuación correctas ante estos pacientes.

En la estructura del curso se incluyen los siguientes módulos:
-        Definición, aspectos fisiopatológicos, fases de la enfermedad y tratamiento farmacológico; Manifestaciones clínicas; agresión, insomnio, inactividad, tristeza, incontinencia, agitación y deambulación; Cuidados al enfermo: aseo, higiene, baño y movilidad; Reordenación de espacios; Vigilancia permanente, alimentación, ayudas técnicas, el cuidado del cuidador; Aspectos psicológicos, habilidades de comunicación.

Esta formación tiene una duración de 30 horas y se desarrollará los Sábados 2, 9, y 16 de Marzo 2013 en horario de 10.00 a 14.00 y de 16.00 a 20.00; el día 16 de Marzo de 10.00 a 14.00.

El coste del curso será de 60 €.Todas las personas interesadas en obtener más información o en realizar la preinscripción pueden dirigirse a:
Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño
c/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo. A Guarda
Tel: 986 61 46 09 / 606 34 84 71



30 ene 2013

ESTE SÁBADO 2 DE FEBREIRO, BINGO SOCIAL E BAILE A BENEFICIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL



Este sábado 2 de febreiro a partir das 22:00 horas, celébrase de novo no Salón do Restaurante Juan, un Bingo a beneficio da Agrupación Musical do Rosal, tras a boa acollida que tivo o realizado no pasado mes de decembro.

A CARPA DE FORNELOS (O ROSAL) VOLVE NO ENTROIDO CON MÁIS FESTA QUE NUNCA DENDE O 8 AO 12 DE FEBREIRO




Un ano máis -e xa van catro consecutivos- coincidindo coas Festas de Entroido celebrarase en Fornelos (O Rosal) a "Carpa de Carnaval", todos os días, dende o venres 8 ao martes 12 de febreiro, a partir das 12 da noite, con máis de 8 horas de son.

Inaugúrase a Carpa o venres 8 de febreiro, con Dj Furry, Dj Campe (residentes en Discoteca Enjoy) e Dj Last Lap (Makro Refoxos).

O sábado 9 estará Dj Riky (residente en Carpa Fornelos).

O domingo 10, de novo con Dj Campe, Dj Furry e Dj Last Lap.

O luns 11, en cabina Dj Charlie (Italian Syle e Radio Lider) e Micky Dj (ex-residente Discoteca Enjoy).

O martes 12 de febreiro, pecharán esta Carpa, Dj Campe e Dj Furry, que porán o broche final a esta gran festa.

O XOVES 31 DE XANEIRO REMATA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA CARREIRA "I CAMPO A TRAVÉS POLA INTEGRACIÓN"




Xosé Carlos González Blanco / C.D. San Xerome
Tal e como xa tiñamos anunciado, a proba I Campo a Través pola Integración terá lugar no Camping Santa Tecla de Salcidos (A Guarda), o  día 9 de febreiro, conmemorando o 32 aniversario do Centro San Xerome.
A inscrición pódese enviar por correo electrónico: correo@sanxerome.com, ou ben por teléfono: 986 613719. Ten que figurar: nome e apelidos, DNI, data de nacemento e un teléfono de contacto.
Non é necesario estar federado, e pódese facer de xeito individual, tendo en conta sempre as CATEGORÍAS: Alevíns, infantís e cadetes (homes e mulleres). Os deportistas con discapacidade intelectual adultos, participarán na Categoría Cadetes (masculino- feminino).

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DA ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS



PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DA ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS
Fonte: Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal.
Convoca: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Contido: Probas libres para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de 18 anos.
Requisitos:
- As persoas deben ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
- Non estaren matriculadas na ESO, na ESA ou no 2º curso dun PCPI
Matrícula
- Convocatoria de maio : do 2 ao 15 de abril de 2013,  ambos os dous incluídos.
- Convocatoria de setembro: do 1 ao 8 de xullo de 2013, ambos os dous incluídos. 
Realización das probas:
     - 31 de maio
 de 2013
     - 12 de setembro de 2013
INFORMACIÓN DETALLADA EN: http://www.edu.xunta.es/web/node/1238

AÍNDA QUEDAN PRAZAS PARA INSCRIBIRSE NO OBRADOIRO DE MANUALIDADES DE CRUZ ROJA BAIXO MIÑO PARA NENOS/AS



Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño.

En el mes de octubre los voluntarios y voluntarias la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño iniciaron el taller de Manualidades, que se desarrolla todos los sábados en la sede de Cruz Roja en A Guarda.

La actividad, de carácter gratuito, se realiza los sábados, en A Guarda desde las 12:00 hasta las 13:30 y en ella todavía pueden anotarse los menores de 6 a 12 años que así lo deseen.

Con este taller lúdico queremos favorecer el correcto desarrollo de las habilidades psicomotrices finas de los niños y niñas, su imaginación y sobre todo ser un espacio en el que los niños puedan ocupar su tiempo de ocio de una forma alternativa que sea educativa y sana. 

Durante estas sesiones los más pequeños se divertirán y aprenderán a construir con sus propias manos, fomentando su imaginación, a la vez que se educan en valores como cooperación, tolerancia, amistad, etc.

Para realizar las inscripciones o informarse sobre cualquier duda pueden dirigirse a: Tlf: 986 61 46 09/ 606 348 471, o acerándose a nuestras oficinas en la calle Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo.

Todas las actividades desarrolladas por Cruz Roja son gratuitas.

CRUZ ROJA BAIXO MIÑO ORGANIZA EN FEBREIRO UN NOVO OBRADOIRO DE TEATRO LIDO PARA MAIORES




Cruz Roja en Baixo Miño inicia en el mes de febrero una nueva actividad de teatro leído,  para mayores de 65 años. Las plazas son límitadas.

Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño

Cruz Roja Española en Baixo Miño reiniciará en el próximo mes de febrero una nueva actividad, gratuita, para mayores de 65 años denominada TALLER DE TEATRO LEÍDO, esta actividad se desarrollará los viernes en horario de 19.00 a 20.30, en la oficina de Cruz Roja A Guarda, todavía hay plazas vacantes, por los que los interesados deberán dirigirse a la Asamblea Comarcal de Cruz Roja en A Guarda para informarse o inscribirse.

El taller no pretende hallar o preparar buenos actores, sino proveer a los participantes de una serie de conocimientos, aptitudes y habilidades que mejoren sus relaciones con el medio que le rodea, lo cual se llevará a cabo mediante el juego y de forma lúdica. También se intentará desarrollar la expresión corporal para conocer el cuerpo y sus posibilidades como instrumento, para su desarrollo personal y como herramienta de conexión con el medio en que se desenvuelve el sujeto.

Los objetivos del taller de teatro leído son:
*     Fomentar la capacidad para pensar, razonar, criticar o tener iniciativas (por ejemplo a través de improvisaciones, análisis colectivos de las escenas y los ensayos, aportaciones y modificaciones sobre la obra, etc.).
*     Fomentar la comunicación, debemos leer e interpretar lo leído, hablar con corrección, vocalizar y expresarnos con fluidez (se puede conseguir con lecturas dramatizadas y debate sobre el texto, vocalización, hablar en público, expresión oral y corporal, etc.).
*      Finalmente  la adquisición de habilidades de carácter social, por ejemplo, trabajar en grupos, desenvolverse en las relaciones interpersonales, organizar y planificar el trabajo colectivo y el individual (a través de ejercicios de desinhibición ante el público, dinámicas y trabajo en grupo, coordinación del trabajo de escena y los distintos papeles, diseño, planificación, organización, adquisición y ejecución del vestuario y los decorados, etc.

Estas actividades se encuentran enmarcadas dentro de las acciones de envejecimiento activo que Cruz Roja desarrolla en la comarca de O Baixo Miño dirigidas a personas mayores.

Las personas interesadas pueden solicitar más información en:

Cruz Roja Baixo Miño
C/ Agustín Nandín Lomba, Nº bajo
Tel. 986-61 46 09 
Mail: laguardia@cruzroja.es
En horario de 8:00 a 15:00h y de 16:00 a 19:00 h.

24 ene 2013

FALECE MANUEL RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, "O TRINTIÑA", COÑECIDO CABAQUEIRO DO ROSAL E IMPULSOR DA SÚA CULTURA



O 24 de xaneiro falecía Manuel Rodríguez Martínez, máis coñecido por "O Trintiña" (1925-2013), veterano cabaqueiro (telleiro) do Rosal.

O venres 25 ás 16:00 horas, celebrouse o enterro e funeral pola súa alma na igrexa parroquial de Santa Mariña.





Vaise un mestre da vida, un rulo lasqueador, un verdadeiro daorde xamaraina da jalleira. Vaise, sen dúbida, un dos máis activos defensores e promotores do seu antigo oficio e da Cultura da Cabaqueira.




A nosa lembranza, gratitude e recoñecemento para "O Trintiña", xa que entre moitos detalles, concedeunos amablemente a primeira entrevista que realizamos alá por xuño de 2008.




Dende Noticias O Rosal o noso máis sentido pésame a familiares e amigos. ¡¡Descanse en paz. Ata sempre Manuel, ata sempre Manolo, ata sempre TRINTIÑA!!




18 ene 2013

OS CAMPELOS E JOSÉ PÉREZ ESTARÁN ESTE DOMINGO EN GOIÁN NO FESTIVAL-HOMENAXE Á NENA MARTA LOMBA




O Auditorio de Goián (Tomiño) acolle este domingo 20 de xaneiro ás 18:00 horas o Festival Fin de Campaña Obxectivo Conseguido na honra da nena Marta Lomba.

Tal e como reza o cartel "Grazas á solidariedade de toda a comarca, Marta e seu andador son unha realidade".

Actuarán neste evento, no que a homenaxeada fará entrega das esculturas premiadas nos sorteos, o grupo de música galega Zurrumalla, a cantante Eva Carreras (participante de Operación Triunfo en 2006) e o cantante rosaleiro José Pérez (representante do Miño no concurso Recantos do Luar-TVG).

O espectáculo estará presentado polo dúo humorístico rosaleiro "Os Campelos", Francisco Rodríguez Fernández e Roberto Fernández Rodríguez.

A entrada será gratuíta.  




O EQUIPO SENIOR DA U.D. RIBERA DESPRÁZASE ATA PAZOS DE BORBÉN PARA XOGAR CONTRA O CD NESPEREIRA




O equipo senior da U.D. Ribera xoga este domingo 20 de xaneiro ás 16:00 horas en Chan de Arieiro contra o Club Deportivo Nespereira (Pazos de Borbén-Pontevedra) en partido correspondente á xornada número 17.

Segundo informa o Ribera "partido incómodo que se presenta el próximo domingo, en campo de tierra. El Nespereira es el colista, pero no por eso se puede subestimar al rival. Habrá que salir a hacerlo bien y si además la suerte acompaña, poder traer para O Rosal los 3 puntos".

Igualmente vos deixamos o calendario dos partidos desta fin de semana. Máis información na web da U.D. Ribera.