TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

5 feb 2013

PRETO DE 100 ATLETAS PARTICIPARÁN NO "I CAMPO A TRAVÉS POLA INTEGRACIÓN" DO VINDEIRO SÁBADO 9 DE FEBREIRO




Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome

A actividade deportiva terá lugar no Cámping Santa Tecla de Salcidos (A Guarda), nas categorías de alevíns, infantís e cadetes (masculino e feminino). Os deportistas con discapacidade participarán na categoría de cadetes.

A saída da primeira categoría será aproximadamente ás 10:30 h. (alevíns) e a última ás 12 h. (cadetes).

Participarán atletas dos clubes: Racing Chapela, Juan XXIII e San Xerome (da FEGADDI- Federación galega de deporte para persoas con discapacidade intelectual), xunto con atletas dos clubes-centros: Suárez Marquier, Tui Thermalia, IES A Sangriña, Atletismo Porriño, ademais de atletas que o farán de xeito individual.



A actividade estará organizada polo Club deportivo San Xerome,  conmemorando o 32 aniversario do Centro, e conta coa colaboración da Deputación Provincial, Concello da Guarda, Cámping Santa Tecla, Coca Cola, Frutas Serafín e Aguasana.  Mención especial aos voluntari@s que dende fai varios días están a colaborar para que este evento sexa un éxito.


Informamos tamén que neste mesmo circuíto o sábado 16 de febreiro, terá lugar  o Campionato Galego de campo a través para persoas con discapacidade intelectual, organizado nesta ocasión pola FEGADDI, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Concello da Guarda, Cámping Santa Tecla e do Club Deportivo San Xerome. As  diferentes carreiras terán lugar de 10:30  a 14 h.

Animamos ao público en xeral acuda a animar aos deportistas nestes dous eventos, nun espectacular circuíto que xa foi escenario dun Campionato de España de campo a través (FEDDI) no ano 1997.

Nas fotografías, un grupo de adestradores-voluntarios  preparando o circuito no Cámping Santa Tecla.

0 comentarios:

Publicar un comentario