Este sábado 2 de marzo na Alameda de Pías, a partir das 15:30 horas, celébrase o VII Torneo Cachiza Pías, San Gregorio 2013.
Tal e como reza o cartel, a festa estará amenizada polo grupo "Os de Sempre". E ao rematar a Cachiza entregaranse os premios e actuará o grupo "Os Indomables".
Ás 12 horas, haberá sesión vermouth e adestramentos libres. Á 1 da tarde terá lugar un almorzo na propia Alameda. O recinto estará cuberto por unha carpa.
O domingo 3 de marzo, a partir das 11 da mañá, estará aberta a Cantina e poderase xogar ao xogo da rá.
0 comentarios:
Publicar un comentario