Na imaxe, o rosaleiro Jacobo Coello, na I Xuntanza do Novás (agosto de 2013)
Informa: Andrés Senra / Acanor Atlético Novás
'Partido a partido'. A esa frase tan popular nos últimos tempos, é ao que se aferra o Acanor Novás. Esquecidas xa esas tres derrotas consecutivas, o único que pasa pola cabeza do corpo técnico e do plantel é agora mesmo, o Carballal, rival deste sábado (19:45 h).
O Novás, que superou comodamente
ao Cañiza o pasado sábado, quere superar agora ao Granitos Ibéricos, nun duelo
especial para dúas persoas, Jota, adestrador dende fai 5 xornadas, e Jacobo
Coello, flamante fichaxe que case con toda probabilidade debutará este sábado
contra o equipo da súa vida.
José Ramón Muñoz (O Porriño,
1973), é, a pesar da súa curta idade, un dos técnicos máis experimentados da
Primeira Nacional. Con apenas 26 anos
colgaría as zapatillas para pasar a ser adestrador.
Conta con experiencia en
Portugal, ademais de ser auxiliar de Quique Domínguez no Octavio e lograr o
ascenso co Seis do Nadal. Non esquece tampouco os tres anos que viviu no Rosal
(2005 a 2008). "Non é un partido máis, no Novás teño moitos amigos e
persoas queridas, e a verdade é que gardo moi bos recordos da miña etapa no
Rosal", aínda que por suposto o sábado tratará de conseguir a súa segunda
victoria coma máximo responsable do Granitos, pese a que recoñece que non será doado, xa que "O Novás ten un plantel espectacular, con dous xogadores de
calidade por posto, xente de moita experiencia e calidade. Sen dúbida un dos
mellores equipos da liga. O que máis destaco é a portería e a capacidade de
correr" todo isto a pesar do seu irregular comezo, que o sitúa na metade da
táboa "e cunhas opcións de sector nada doadas, xa que hai varios equipos
que se están amosando moi fortes e que é probable que cedan poucos puntos. O
Novás ten que pensar en si mesmo, xogar sen presións e ir pouco a pouco".
'Jota' que levaba no 'paro' balonmanístico
algo máis de dúas tempadas cre "que era un bo momento para voltar. Cando
decidín deixar o Seis foi porque levaba 13 anos adestrando sen parar, e esa
fatiga unida á miña familia foron os motivos que me impulsaron a desconectar
unha tempada". Todo isto a pesar de ter algunha proposta "cando menos
interesante no deportivo, pero decidín que non era o momento".
Agora, enrolado dende hai menos
de dous meses no Granitos, recoñece que o "obxectivo pasa por manternos,
librarnos do descenso canto antes e poder disfrutar desta liga sen agobios.
Estamos traballando ben, pero hai moito que mellorar e que cambiar".
Para conseguir esa meta
considerou oportuna a fichaxe de Jacobo Coello, lateral-extremo rosaleiro
"que se mostrou interesado en seguir disfrutando deste deporte. Sen
dúbida vai aportar experiencia, verticalidade e boa capacidade defensiva. Pero
sobre todo, moito sacrificio. É un gran reforzo para o Carballal".
Jacobo, lateral zurdo de 37 anos,
desenrolou gran parte da súa carreira deportiva no Acanor Novás, é un dos
mellores xogadores que deu a canteira. Proba diso é que formou parte do
mellor equipo da historia do Academia Octavio.
0 comentarios:
Publicar un comentario