Esta fin de semana (sábado 8 e domingo 9 de novembro) celebrarase na rosaleira Praza do Calvario -e durante todo o día- o evento ARTE-MAGOSTO, organizado pola Asociación +K Arte.
Haberá unha feira de artesanía (de 11 a 20 horas), obradoiros infantís (de cantería, de castañas e de globoflexia) e un magosto tradicional (castañas, viño e refrescos a prezos populares), coa actuación do grupo de gaitas Airiños do Folón e do grupo de pandereteiras Orballo.
0 comentarios:
Publicar un comentario