O vindeiro xoves 13 de novembro, ás 20:00 horas, o
escritor e historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe ofrecerá unha interesante charla-conferencia
sobre A Prehistoria entre A Gándara e
Salcidos (A Guarda) que terá lugar no novo espazo gastronómico-cultural “Bodegón
Os Seixiños” rexentado polo tamén veciño, Sergio Rodríguez Rodríguez “Trinta”.
Esta conferencia é a primeira dunha serie de xornadas
–libres e gratuítas- que se organizarán nos meses de novembro e decembro con
motivo do I aniversario da inauguración deste local guardés.
Xoán Martínez Tamuxe, recoñecido arqueólogo e autor do
libro Parroquia de San Lorenzo de
Salcidos. Aproximación histórica, desvelará coa súa acostumada e sabia
oratoria, moitos dos segredos que agochan os gravados ou os castros da zona.
Igualmente haberá unha pequena mostra de material prehistórico e proxección de imaxes
dos xacementos arqueolóxicos máis importantes.
*Xoán Martínez
Tamuxe (O Rosal, 1930). Historiador, arqueólogo e investigador. Autor de
máis dunha ducia de libros, cofundador do Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño, é membro do Instituto Padre Sarmiento (Sección de Arqueoloxía) de Santiago
de Compostela (1979), da Asociación Colegial de Escritores de España (1982),
Grupo de Arqueoloxía Alfredo García Alén de Pontevedra (1983), membro
colaborador do Departamento de Prehistoria da Universidade de Santiago (1984).
Dende o ano 2007 é o presidente do Instituto de Estudios Tudenses.
0 comentarios:
Publicar un comentario