Información e fotografías: Acanor Atlético Novás
Nikolai Tsybanev (Volgogrado-Rusia, 1964), está considerado un dos mellores xogadores que
pasou pola historia do Atlético Novás.
Chegou ao Rosal a finais do século pasado e botou raíces aquí. Primeiro
como xogador, e logo como adestrador en diferentes categorías, o seu apelido
vai unido ao nome do club dende fai case
dúas décadas.
Dende hai dous anos é a man dereita de Modesto Augusto no primeiro plantel (xa fora
auxiliar doutros técnicos). Labor que compaxina coa de adestrador do equipo
xuvenil.
Hoxe dispútase a décima xornada de Primeira Nacional cumprindo así o primeiro tercio
da competición. Se ben é certo que non ocupa o lugar que esperaba, apunta que
"este ano a liga e máis larga, polo que penso que aínda temos opcións. O
malo é que non dependemos de nós". Xa que o Acanor parte cunha desvantaxe
de 7 puntos con respecto aos dos equipos que actualmente están nos postos de
privilexio.
O
que xoga a favor do club é que quizais os 'cocos' do grupo xa os pasou, e de
aquí ao final da primeira volta veñen compromisos máis asequibles,
"partidos que veñen ben para recuperar a moral, e tamén para recuperar aos lesionados, xa que
temos a varios xogadores que veñen acarrexando molestias dende hai varias
xornadas".
Entre
eles, os seus fillos. Para Nikolai é especial adestralos, sen embargo cre "que eles igual están fartos de min, xa que lles esixo máis que ao
resto". Sobre os puntos fortes e
débiles de ambos, opina "que de Sergey, quédome co seu lanzamento. De Alex
a visión de xogo. O seu lunar, os ligamentos e tendóns. Na súa curta vida
deportiva pasaron gran parte no dique seco".
O
rival de hoxe é o Granitos Ibéricos (19:45 h), que ocupa a antepenúltima
posición. Tras un mal arranque, con Andrés Acuña ao frente, buscaron un
revulsivo contratando a Jota. Ata o momento conseguiron dous puntos nas cinco
xornadas que leva no cargo. Tsybanev, que compartiu banquillo co adestrador do
Morrazo, deséxalle o mellor ao seu amigo Jota "É un bo entrenador e gran
persoa. Este ano o vai ter complicado, chegou fai pouco ao club e cun
equipo feito. Non é doado adaptar aos xogadores á súa maneira de traballar e
visión de xogo. De todos xeitos, penso que salvarán a categoría".
0 comentarios:
Publicar un comentario