30 jul 2010
Proxecto "Descubrindo as Nosas Fortalezas"
30.7.10
Comentar
Descubrindo as Nosas Fortalezas. Trátase dun proxecto do Concello de Tomiño para promover o coñecemento das fortificacións do Sistema do Baixo Miño a través de roteiros a pé, en bicicleta e en canoa. O día 7 de agosto: visita a pé. O día 14 de agosto: visita en canoa.
Para máis información podedes contactar coa organización en facebook, no correo descubrindofortalezas@gmail.com, no teléfono 622 051 640 ou na OMIX de Tomiño.
29 jul 2010
I Torneo de Futbolín CAFETERÍA SKAPE 34
29.7.10
Comentar
O venres 30 de xullo é a data límite de inscrición (20 € a parella), sendo o sorteo ás 22:30 horas no propio local, que conta coa nova xerencia de Óscar Rodríguez Vicente.
O comezo oficial do Torneo será o SÁBADO 31 a partir das 15:00 horas. Máis información e inscricións no teléfono: 638 530 523. Haberá trofeos e cartos para os tres primeiros clasificados.
23 jul 2010
Festas do Pilar no Rosal, 24, 25 e 26 de xullo
23.7.10
Comentar
Velaquí vos deixamos o programa destas Festas do Pilar 2010:
Día 24
·Praza do Calvario, a partir das 21:00 horas, XVII ENCONTRO DOS POBOS. Organizado polo grupo de gaitas e baile DO LUSCO Ó FUSCO, da Guarda.
·Tamén na Praza do Calvario, a partir das 22:30 horas, Verbena amenizada polas orquestras LADOS e FIN DE SIGLO.
Día 25
·Ás 11 da mañá, pasarrúas a cargo da BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL. Ás 12, misa solemne cantada pola Coral da mesma Agrupación.
·A partir das 21:30 horas, Concerto da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal, na Praza do Calvario.
·De seguido, sobre as 22:30 horas, comezará a Verbena, amenizada pola orquestra SABANNA.
Día 26
·PETER PUNK ofrece un espectáculo de animación para todos os públicos a partir das 21:00 horas na Praza do Calvario.
·Ás 22:00 horas comezará o concerto de FRATELLI NEGRONI.
20 jul 2010
Exhibición de Futbolín. I Campionato Feminino
20.7.10
Comentar
Este venres 23 de xullo, "Obradoiro-Exhibición" para o I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN FEMININO NOTICIAS O ROSAL. Lugar: Bar Troya, a partir das 23:00 horas.
Se estás dubidando en apuntarte (10 € a inscrición), este venres comezan os primeiros "adestramentos libres". Impartirán unhas pequenas clases de "cubrir co porteiro" e "facer cambios... adiante" os gañadores do I Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal, Sergio Casal e Luis Martínez.
Igualmente participantes dese Campionato confirmaron que ofrecerán os seus mellores consellos a quen o desexe. ¡Se te gusta o futbolín e queres saber certos truquiños para vindeiros torneos... xa sabes!
Festival Aéreo de Vigo, por Cristóbal Coímbra
20.7.10
Comentar
Reportaxe fotográfica realizada por Cristóbal Coímbra.
O domingo 18 de xullo tivo lugar o Festival Aéreo Internacional de Vigo, 2010, e alí estivo o rosaleiro Cristóbal Coímbra inmortalizando coa súa cámara ese grandioso espéctáculo.
Case medio millón de persoas (450.000) asistiron a este impresionante evento no que participaron un total de 50 aeronaves, tanto de aviación militar como civil, e preto de 180 especialistas entre técnicos e pilotos.
Case medio millón de persoas (450.000) asistiron a este impresionante evento no que participaron un total de 50 aeronaves, tanto de aviación militar como civil, e preto de 180 especialistas entre técnicos e pilotos.
19 jul 2010
Xornadas Técnicas do Albariño. As imaxes
19.7.10
Comentar
O pasado venres 16 de xullo, de mañá, e previa á inauguración da XVIII Feira do Viño do Rosal, celebráronse no Centro Social Polivalente unhas Xornadas Técnicas sobre o Albariño.
Tal e como estaba previsto, o alcalde Jesús Mª Fernández Portela deu a benvida aos asistentes, para de seguido ceder a palabra a Jorge Cardoso Mariño, coordinador no Baixo Miño da Asociación Galega de Viticultura, quen presentou o evento.
Neste interesante acto interviron ademais:
Ramón Huidobro, secretario do Consello Regulador Rías Baixas, coa ponencia:
· As Denominacións de Orixe no mercado
Xabier Zas, xerente da cooperativa Condes de Albarei.
· Cooperativismo e enoturismo en Galicia
Doutora Mª del Carmen Martínez, investigadora científica Misión Biológica; Consejo Superior de Investigaciones Científicas (C.S.I.C)
· A bioloxía aplicada á viticultura
18 jul 2010
Emilio Flores, In Memoriam. Capítulo II
18.7.10
Comentar
Despois da breve introdución que realizamos dende Noticias O Rosal, seguimos con esta pequena homenaxe a Emilio Flores.
Comezamos o segundo capítulo da súa biografía.
Emilio, cabo provisional, por X.M.T.
Despois de cinco meses, como pediran voluntarios a fin de escoltar un batallón de prisioneiros de guerra, Emilio presentouse. Previas probas, foi nomeado "Cabo Provisional", para ser destinado a Cuenca.
De aquí saliu para Huesca, Estación de Arañones, en Jaca, formando parte da mesma escolta, para o control dos prisioneiros que traballaban na Fortificación de los Pirineos, onde estivo 18 meses. Logo, estaría tamén, na custodia do campo de concentración Miguel de Unamuno, en Atocha (Madrid, 1941).
E, por último, destinado a Melilla, onde se licenciou. Como curiosidade lembrar que entre os seus compañeiros Emilio era coñecido polo "Cabo Pequeno", e como os demais escoltas naquel tempo, lembraba que tiña dereito a "ración doble" e cobraba 1'35 pesetas.
Ao seu regreso de África, foi á parroquia de Belesar, en 1942, chegando coas temidas quenturas (paludismo).
Aproveitando as visitas á familia no Rosal, asiste aos bailes de Fornelos, entre eles, a La Flor, propiedade de Generoso Álvarez (O Sueiro). Alí coñece á súa muller, Emilia Pérez Dorado, de Cruces, celebrándose o seu matrimonio o 25 de abril de 1945. Desta relación tiveron cinco fillos.
Continuará. Próximo capítulo: Emilio, gaiteiro.
Continuará. Próximo capítulo: Emilio, gaiteiro.
15 jul 2010
I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN FEMININO NO ROSAL
15.7.10
Comentar
O venres día 20 de agosto ás 21:00 horas terá lugar no Auditorio Municipal a presentación do I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN FEMININO NOTICIAS O ROSAL, instaurado como unha nova actividade cultural, turística e aínda deportiva da nosa vila.
As partidas deste torneo terán lugar nos futbolíns do PUB J&J e do BAR TROYA. Por suposto dicir dende Noticias O Rosal que non excluímos a ningún local, ao contrario, animamos a todos a participar, así como a entidades, empresas e particulares nesta iniciativa e nos seguintes proxectos que tamén comezaremos en breve.
Se queredes inscribirvos ou colaborar de calquera xeito agradecemos vos poñades en contacto con nós no correo noticiasorosal@hotmail.com, no de Juan Ramón (juanramon@noticiasorosal.es) ou no teléfono 637 311 007.
Como temos expresado na BENVIDA á páxina, e lembramos novamente, o que pretendemos é "aportar o noso gran de area á cultura e á información" do Rosal e arredores.
Esperamos que a organización deste tipo de eventos para a xuventude e para @s non tan "nov@s", sexan do voso agrado.
Saúdos.
P.D.: Neste mundo non se pode facer nada só, así que... ¡Contamos coa vosa colaboración, calquera axuda, no sentido que sexa, será ben recibida! ¡Nós corresponderemos! ¡ANIMÁDEVOS...!
¡Graciñas!
Noticias O Rosal
Redacción
Como temos expresado na BENVIDA á páxina, e lembramos novamente, o que pretendemos é "aportar o noso gran de area á cultura e á información" do Rosal e arredores.
Esperamos que a organización deste tipo de eventos para a xuventude e para @s non tan "nov@s", sexan do voso agrado.
Saúdos.
P.D.: Neste mundo non se pode facer nada só, así que... ¡Contamos coa vosa colaboración, calquera axuda, no sentido que sexa, será ben recibida! ¡Nós corresponderemos! ¡ANIMÁDEVOS...!
¡Graciñas!
Noticias O Rosal
Redacción
14 jul 2010
Sancho Gracia será o pregoeiro da Feira
14.7.10
Comentar
O coñecido actor, guionista, produtor e director madrileño Sancho Gracia, famoso -entre outros- polo seu papel protagonista na recordada serie "Curro Jiménez", será o encargado de ler o Pregón desta XVIII Feira do Viño do Rosal.
Segundo o protocolo, será presentado polo alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, para máis tarde asistir á intervención do presidente da Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso Gestoso e finalmente do conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Agustín Hernández.
13 jul 2010
Inauguración da XVIII Feira do Viño do Rosal
13.7.10
Comentar
Tamén o venres 16 de xullo ás 20:00 horas terá lugar a inauguración oficial da XVIII Feira do Viño do Rosal a cargo de Agustín Hernández Fernández de Rojas, conselleiro de Medio Ambiente.
Ás 20:30 horas procederase á visita ós expositores e á degustación de viños do Rosal.
A partir das 22:00 horas comezará a actuación musical da Charanga Nova Cubana.
Nas distintas presentacións podedes ver as nosas imaxes da pasada edición da Feira.
Xornadas Técnicas sobre o Albariño
13.7.10
Comentar
O vindeiro venres 16 de xullo, a partir das 11 da mañá, no Centro Social Polivalente do Rosal e dentro da programación cultural da Feira do Viño, se celebrarán unhas "Xornadas Técnicas sobre o Albariño". Dende a organización lembran que a asistencia é libre e non é preciso facer preinscrición.
Neste acto intervirán:
Ramón Huidobro, secretario do Consello Regulador Rías Baixas
· As Denominacións de orixe no mercado
· As Denominacións de orixe no mercado
Xabier Zas, xerente da cooperativa Condes de Albarei
· Cooperativismo e enoturismo en Galicia
Doutora Mª del Carmen Martínez, investigadora científica Misión Biológica; Consejo Superior de Investigaciones Científicas (C.S.I.C)
· A bioloxía aplicada á viticultura
12 jul 2010
D. EMILIO FLORES COSTAS. IN MEMORIAM
12.7.10
Comentar
Co pasamento de Emilio Flores o pasado sábado 10 de xullo -e fai anos do seu irmán, José- vaise unha excepcional representación dos gaiteiros tradicionais do Rosal e aínda de Galicia.
Este luns tivo lugar na igrexa parroquial de Santa Mariña as honras fúnebres polo eterno descanso deste popular e lembrado artista da vila. Cocelebraron a Eucaristía, o abade D. Julio Ramos, asistido por D. Victorino Poutás (ex-párroco da freguesía), D. Isaac Penela e D. Pascual Bermúdez.
Na homilía D. Julio fixo unha emotiva predicación lembrando as principais características humanas de Emilio (sencillez, humildade, alegría, optimismo, etc).
Multitude de familiares, amigos e veciños -moitos deles músicos- déronlle unha sentida despedida. Acompañou á comitiva fúnebre, dende o adro ata o cemiterio, un grupo de gaitas que foi moi aplaudido.
Como homenaxe a Emilio realizaremos dende Noticias O Rosal unha breve semblanza biográfica repartida en diferentes capítulos.
CAPÍTULO I
Emilio, fillo de José e Rosa, nace en Miranxe, xuradía de Novás, o 2 de decembro de 1920.
Aos trece meses pasa a vivir na compaña dos seus avós maternos, Emilio e Josefa, na parroquia de San Lorenzo de Belesar, no Val Miñor.
Dende os 6 ata os 14 anos, asiste á escola parroquial (do Sindicato Católico), que rexenta o mestre D. Jesús. Despois de clases, axuda ao moito traballo de casa: atender da viña, labrar co arado… A súa familia, ademais tiña funeraria e eran xa de tradición, sacristáns, ocupándose tamén do “pote” do citado Sindicato.
Aos 18 anos, Emilio, a pesares de ser da “quinta” do 41, tivo que incorporarse anticipadamente, en 1939, ao final da Guerra Civil. O seu primeiro destino foi a Intendencia en A Coruña, Cuartel de Isabel a Católica.
(Continuará). Proximamente, Cap. II: Emilio, Cabo Provisional.
9 jul 2010
A FINAL DO MUNDIAL, NO AUDITORIO MUNICIPAL
9.7.10
Comentar
O Concello do Rosal comunica que o domingo 11 de xullo ás 20:30 horas poderase ver en pantalla xigante no Auditorio a final de fútbol que disputarán España e Holanda no Mundial de Sudáfrica 2010.
Dende as concellerías de Deportes e Cultura que dirixen Ángel Martínez e Charo Tabales respectivamente, animan a asistir a este evento e informan que as instalacións municipais contan –entre outros servizos- con aire acondicionado e cun aforo para 340 persoas.
Comezaron as obras da Feira do Viño 2010
9.7.10
Comentar
O xoves 8 de xullo comezaron na Praza do Calvario as diferentes obras e preparativos para que os stands e demais servizos estean en orde para o día da inauguración da Feira do Viño, o vindeiro venres 16.
6 jul 2010
Excursión parroquial á Virxe da Franqueira
6.7.10
Comentar
Reportaxe (texto e fotos): X.M.T.
A Comisión Parroquial de Santa Mariña, coordinada por Carmen Batán, organizou o sábado 3 de xullo unha excursión ao Santuario da Franqueira.
Preto de 50 persoas visitaron Ponteareas, A Franqueira, Ribadavia e realizaron un paseo en catamarán polo río Arnoia (Ourense).
Na Franqueira oíron misa, cocelebrada polo párroco da monacal parroquia de Santa María da Fonte ou da Franqueira, D. Xavier Alonso Docampo e polo párroco de Santa Mariña do Rosal, D. Julio Ramos Rodríguez.
O párroco do santuario fixo unha semblanza histórica da igrexa así como unha referencia á devoción da Virxe da Franqueira.
Despois da comida nas inmediacións, visitouse Ribadavia. De aquí (río Arnoia) tomouse o barco (catamarán) e se realizou o percorrido establecido, ida e volta, nun total de 25 quilómetros.
Este trazado como se dixo, comezouse en dito concello arnoiés, chegando a Cortegada, pola beira esquerda do río daquel nome; e pola dereita a Filgueira, concello de Crecente.
Foi un percorrido novidoso, divertido e enriquecedor tanto pola increíble paisaxe, como polas explicacións do propio condutor do catamarán.
Unha vez rematado este paseo emprendeuse viaxe de volta a O Rosal.
5 jul 2010
Presentación da XVIII Feira do Viño do Rosal
5.7.10
Comentar
O pasado venres 2 de xullo tivo lugar na Casa da Pintora a presentación da XVIII Feira do Viño do Rosal que se celebrará os días 16, 17 e 18 deste mes.
O alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, foi o encargado de dar a benvida aos asistentes (autoridades, organizadores e adegueiros) así como de facer un resumo de todas as características da Feira e actividades que se desenrolarán durante esa fin de semana.
Así mesmo tamén interviron o presidente da Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso Gestoso, o presidente da "Ruta del Vino Rías Baixas", José Ramón Meiriño González, o secretario do Consello Regulador D.O. Rías Baixas, Ramón Huidobro e a concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo.
Lucho e Pepe, propietarios da Casa da Pintora, ofreceron ao remate da presentación uns pinchiños acompañados, como non, dos excelentes caldos rosaleiros.
Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica completa.
4 jul 2010
BOA ACTUACIÓN DE JOSÉ E ÓSCAR EN VILA VERDE
4.7.10
Comentar
José Rodríguez e o seu copiloto Óscar, a bordo do Opel Corsa GSI, destacaron en Portugal
Reportaxe (texto e fotos) realizada por Roberto Valladares
A pasada fin de semana (26 e 27 de xuño) disputose o X Rali de Vila Verde, proba valedeira para o Campionato Nacional Portugués de 2L/2RM, e organizada polo Clube Automóvel do Minho, disputándose paralelamente unha proba extra na que participaban vehículos sen homologación.
No Campionato o gañador resultou ser José Pedro Fontes, cun precioso Porsche 997, sendo o mellor español Daniel Mariño co recén estreado Ford Fiesta R2.
Na proba extra o vencedor foi Renato Pita, cun Mitsubishi Lancer Evo VI, mentras que o mellor español era José Pumares cun Mitsubishi Lancer Evo VIII.
Mención especial merecen novamente os rosaleiros José Rodríguez e o seu copiloto Óscar, que co Opel Corsa GSI foron os segundos españois e primeiros na Clase 1, rematando o rali nunha sensacional sexta posición final.
¡Dende Noticias O Rosal a nosa noraboa!
Acto DA ASAMBLEA COMARCAL DE CRUZ ROJA
4.7.10
Comentar
O vindeiro martes 6 de xullo ás 16:30 horas no Centro Cultural de A Guarda @s 44 asistentes ao "Taller de Estimulación de memoria" e familiares, asistirán á entrega de diplomas con motivo da finalización do curso 2009-2010.
Informa Neli Rodríguez
"Desde el año 2003, voluntarios y voluntarias de la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño desarrollan un taller de estimulación de memoria para personas mayores de 65 años. Desde entonces, son muchas las personas que han participado en estos talleres con un alto nivel de satisfacción, tanto por parte de l@s usuari@s como por parte del equipo de voluntarios que desarrollan la actividad en el club de jubilados y pensionistas de A Guarda, prueba de ello ha sido el incremento de personas asistentes a las actividades.
Entre los objetivos del taller de estimulación de memoria se destacan potenciar la conservación de la capacidad y agilidad mental de los destinatarios, potenciando el mantenimiento de sus capacidades psíquicas, además de promover las relaciones interpersonales e intergeneracionales, mejorando, de esta forma su autoestima.
Con esta entrega de diplomas queremos reconocer el esfuerzo realizado por l@s alumn@s y voluntari@s que participan en la actualidad en este taller. Durante este acto nos acompañarán el presidente comarcal de la Asamblea de Cruz Roja Baixo Miño y algunos de los miembros del comité comarcal, la concejala de Servicios Sociales del Concello e A Guarda, el presidente del club de jubilados y pensionistas de A Guarda y a él asistirán las usuarias acompañadas por un familiar o amigo. Tras la entrega de diplomas se invitará a los asistentes a un tentempié que será el broche final del taller de estimulación de memoria hasta el próximo mes de Octubre.
Este proyecto está enmarcado dentro de las actividades desarrolladas por la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño con personas mayores, tales como el taller de alfabetización, charlas de productos de apoyo, entrega de productos de ahorro energético, excursiones culturales y de convivencia, el programa de respiro familiar, ponte na onda, talleres de utilización del teléfono móvil y teleasistencia móvil, y el recientemente iniciado taller de gimnasia de mantenimiento…etc.. hasta la fecha han participado, en los diversos programas para mayores, más de 150 personas, actuaciones que no se podrían haber llevado a cabo sin la colaboración de l@s y voluntari@s de Cruz Roja".