Foto de grupo da Asociación A Xanela ao pé da Carreira de Martín, acompañados de dous turistas (á esquerda) que se uniron á ruta
O domingo 3 de agosto a Asociación Cultural A Xanela, previo contacto coa concellaría de Turismo que preside Mª de los Ángeles Vicente Manzano, realizou unha ruta polos Muíños do Folón e do Picón. As explicacións, como de costume, correron a cargo do guía do Concello do Rosal. Lembrar que o artífice da celebración desta ruta foi o activo tesoureiro da asociación, José María Fernández Carrera "Pepito". Entre os asistentes a este percorrido polos Muíños, estaban por suposto, o presidente de A Xanela, Serafín Rodríguez Barreiro, a secretaria, Mª Esther Ruzo Domínguez, o concelleiro de Sanidade de Tomiño, Pablo Baquero ou o tenente de alcalde tomiñés e concelleiro de Cultura, Jesús Castiñeira. O bo humor, o compañeirismo e a cordialidade reinaron nesta ruta de sendeirismo, que rematou cuns "pinchiños" preto do muíño das Laxes, no Folón. Velaquí deixamos un pequeno vídeo desta xornada: http://es.youtube.com/watch?v=9ySq77lZKPo
0 comentarios:
Publicar un comentario