TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

12 ago 2008

Festas do Monte 2008 e a súa típica "troulada". 95 anos de historia e de romaría

Vista da romaría deste ano 2008 dende o Pico do Facho
Miles de persoas déronse cita este domingo 10 de agosto no monte de Santa Trega na Guarda para disfrutar dun día de lecer e de xuntanza coa familia e os amigos. Ante a diferente e variada información xornalística en torno a esta festa, e a fin de que non se repitan erros recentes e se afirme que "os seus inicios se descoñecen" lembramos que esta romaría creouse en 1913 e por iniciativa de Constantino Candeira, oriundo de Celeiros (Ponteareas) e afincado na Vila da Guarda. O motivo da creación desta festa foi conmemorar o I aniversario da fundación da "Sociedad Pro-Monte Santa Tecla". En palabras do historiador guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez na recente revista En el Punto de A Guarda: "Pero además de la carretera y acondicionamiento de la cima, la repoblación y la explotación de los yacimientos arqueológicos, en el año 1913 la Pro-Monte celebró la primera fiesta conmemorativa de su fundación, que al convertirla en romería popular adquirió personalidad propia y se convirtió en una de las tradiciones más famosas de la villa de A Guarda: su fiesta del monte". En principio asistían só os familiares dos membros de dita sociedade, pero por suposto, diante da súa boa acollida, comezaron a subir ao Monte os veciños da Guarda, O Rosal e arredores. Hoxe en día a romaría transformouse en "troulada", onde o viño e os "alegretes" teñen o seu protagonismo, pero isto non quere dicir que sexa a "Festa de Baco", "Festa do Viño" ou "Festa da Borracheira" como en certos medios de comunicación queren facer ver. A piques de cumprir o I centenario da súa creación, as Festas do Monte seguen sendo un referente no Baixo Miño.

0 comentarios:

Publicar un comentario