TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

21 jul 2008

Exposición dos pintores Waldo Álvarez Álvarez e María del Carmen Varela Velasco

Como xa tiñamos anunciado, a oferta cultural dentro desta edición da Feira do Viño foi múltiple e variada. Achegámonos ata as instalacións da "Cámara Agraria" onde expuñan a súa obra os pintores autodidactas Waldo Álvarez Álvarez e Mª del Carmen Varela Velasco. O primeiro é natural do Rosal, residindo na actualidade na parroquia de San Xoán de Tabagón. O seu estilo é figurativo, empregando como técnica o óleo sobre lenzo, con temas tan variados que van dende certas paisaxes mariñas ata retratos. Waldo tamén realiza fermosos mosaicos con gres esmaltado e azulexo.
María del Carmen Varela Velasco (Mary Varela) é natural de Sober (Lugo) e vive dende fai tres anos no Rosal, concretamente en Couselo. Preguntándolle sobre os motivos da súa obra coméntanos que "son unha namorada da natureza, pero coas miñas cores. O que quero reflexar tenme que emocionar. Gústame xogar coa realidade e poñerlle un pouquiño da miña fantasía". Esta é a segunda exposición de Mary Varela no Rosal, pois a súa obra tamén estivo cara ao público co gallo da Festa do Cabaqueiro do ano 2005. (Facede click nas fotografías para aumentalas)

0 comentarios:

Publicar un comentario