Segundo nos contan dende a Oficina de Información Xuvenil, ata o 17 de xullo estará aberto o prazo de inscrición nas actividades seguintes coa mocidade para realizar durante o verán:
• Capoeira
• Grafitti
• Masaxes
• Baile
• Efectos especiais de Maquillaxe
• Fotografía dixital no entorno
• Pintura e estampado de camisetas
• Automaquillaxe
• Cócteles sen alcohol
• Obradoiro de caricaturas
As persoas interesadas poden anotarse no Centro Social Polivalente ou no teléfono 986 609450. Unha vez que se reúna o mínimo de persoas preinscritas que faga posible e viable a realización da actividade porémonos en contacto cos interesados aínda que non rematara o prazo de inscrición.
0 comentarios:
Publicar un comentario